00:01 h. viernes, 26 de abril de 2024

A Deputación de Pontevedra apoia ao Club Balonmán Cisne, ás portas de xogarse o ascenso a División de Honor Plata

Stadio Sport  |  14 de mayo de 2015 (14:41 h.)

A deputada Ana I. Vázquez entregoulle ao presidente da entidade, Santiago Picallo a acta presidencial pola que se lle conceden 10.000€ ao club para financiar a súa participación na liga e en competicións oficiais

 

“Esta axuda é clave dende hai anos, sobre todo pola circunstancias económicas dos últimos anos, aínda que medo para o ano que vén, se se cumple o noso obxectivo non é tanto económico senón  o esforzo que suporá para os xogadores”, aseguraba Santiago Picallo.

Despois dunha boa temporada na fase regular da liga, no grupo I da Primeira Nacional, o Club balonmán Cisne afronta esta fin de semana a fase de ascenso á División de Honra Plata. No pavillón municipal estarán os pontevedreses esperan “estar á altura do que se fixo ao longo da temporada. Pero o primeiro é competir unha fase complicada con equipos de moito nivel”.  Ante ese reto deportivo, a deputada Ana I. Vázquez desexoulle a máxima sorte posible confiando en que o Club Cisne conseguirá o seu obxectivo. 

 

Foto: Club Balonmano Cisne

Hemeroteca