17:15 h. Jueves, 18 de Abril de 2019

O Concello de Tui felicita ao policía local Avelino Martínez polas tres medallas acadadas no Europolyb

O policía local de Tui Avelino Martínez foi recibido onte no Concello de Tui tras lograr tres medallas, ouro e prata en judo e bronce en juijitsu, nos V Campionatos Europeos de Policías e Bombeiros celebrados hai uns días, que se suman ás seis medallas europeas, catro de ouro e dous de bronce que xa tiña no seu haber

Stadio Sport  |  26 de Julio de 2014 (00:00 h.)
Más acciones:

 

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, xunto ao concelleiro de deportes de Tui, Nicolás Lorenzo, o vereador de Desporto de Valença, José Monte, e os concelleiros Olga Montes, Vanesa Rodríguez e José Ángel Villaverde felicitaron a Avelino Martínez por estes novos éxitos no salón de sesións da Casa do Concello.  Estas tres medallas súmanse as conseguidas por Avelino Martínez na modalidade de judo en anteriores edicións destes campionatos europeos. Amais tamén logrou recentemente medalla no Campionato de Portugal onde competiu ao adestrar no club de judo de Valença.

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, salientou coma Avelino Martínez é un exemplo de superación para acadar metas persoais. Agradeceulle que teña levado o nome da Eurocidade nestas competicións ao tempo que afirmou que  os éxito logrados polo policía tudense será máis.

O concelleiro de Deportes de Tui, Nicolás Lorenzo, explicou que Avelino Martínez é un exemplo de cooperación na Eurocidade xa que é de Tui e compite nun club portugués. Mentres o vereador de Desporto, José Monte, avanzou que no calendario de probas deportivas da Eurocidade para 2015 tentarán incluír tamén algunha proba internacional de judo.

Avelino Martínez explicou coma tras anos sen practicar judo volveu a este deporte ao atopar un club desta disciplina en Valença, no que agora adestra. Agradeceu tanto ao Concello de Tui coma á Cámara de Valença o seu apoio así coma o recibimento brindado esta mañá.