22:48 h. Martes, 10 de diciembre de 2019

O Clube San Xoán de Tenis de Mesa feminino logra o ascenso á División de Honra

Logro histórico para o clube ferrolano fundado en 2009

Diego SanFer  |  27 de abril de 2015 (15:13 h.)
Más acciones:

As protagonistas: María Calvo, Paula Padín e Paula Fernández de pé, Noa Fernández e Sasha Moreira

 

A breve andaina deste clube ferrolano, fundado alá por 2009 por varios ex membros do Clube Ferrol, tivo a súa recompensa esta pasada fin de semana coa consecución do merecido ascenso á División de Honra do tenis de mesa español por parte do equipo feminino.

María Calvo, Noa Fernández, Paula Padín, Paula Fernández e Sasha Moreira foron as verdadeiras artífices desta espectacular temporada, que tivo como colofón final a vitoria tras impoñerse 4-2 fronte ao CTM Móstoles, selando así o ascenso á segunda categoría en importancia a nivel nacional.

 

tenis mesa