00:01 h. jueves, 28 de marzo de 2024

Clásico e media Liga en xogo

Stadio Sport  |  19 de febrero de 2015 (12:49 h.)
IMG_311901906265017

O venres 20 ás 21:45 en Vigo: Universidade de Vigo vs Ártabros de Oleiros e ó ­sábado 21 na Estrada: 20:30 Irmandinhos da Estrada vs Fillos de Breogán 21:45 Irmandinhas da Estrada vs Fillas de Breogán

 

Nun fin de semana marcado pola gran festa do fútbol galego, o derbi Dépor­-Celta en Riazor, o fútbol gaélico xógase o seu particular derbi, os dous clubes máis vellos do fútbol gaélico galego veranse as caras esta fin de semana, o decano, Fillos de Breogán da Coruña visitará aos Irmandinhos da Estrada nun dobre enfrontamento das escadras femininas e masculinas de ditos clubes con moito en xogo. A lenda crece, e os Inhos-Fillos prometen ser os Celta­-Dépor deste deporte.

 

Co liderado na cabeza

A visita de Fillas ao campo das estradenses coa primeira praza da liga en mente. E pra iso non só teñen que derrotar ás Irmandinhas, senón que terán que facelo por máis de 12 puntos. Tarefa compricada pero que as de Bieito Landeira afrontan esperanzadas logo da boa xeira de resultados e xogo obtidos nas últimas xornadas.

 

Fillos a desmarcarse do seu inmediato perseguidor

Os breoganeiros buscan desmarcarse na segunda praza do campionato e postularse como únicos candidatos pra desputarlle o título ligueiro aos Estrela Vermelha de Compostela. Pero pra iso terán que enfrontarse a un duro opoñente nun partido que xa é por dereito propio o clásico do fútbol gaélico galego, os Irmandinhos da Estrada. Nun partido que promete reunir tódolos condicionantes das grandes citas Fillos quere dar un golpe na mesa e postularse como serio candidato a gañar a liga, pero os Inhos non queren perder o último tren que lles engancharía na loita pola liga.

 

Ártabros viaxa a Vigo coa obriga de gañar

E cousas do destino, outro enfrontamento con ar de derbi asómase no panorama gaélico. O equipo oleirenses desprázase até Mos pra xogar o seu particular derbi co equipo vigués. E non é un duelo exento do clásico morbo que existe sempre que se miden dous equipos da Coruña e de Vigo, tamén os dous equipos xóganse moito. Os vigueses, coa bitola de equipo que aínda non gañou ningún partido na liga tentará poñer as cousas difíciles aos Ártabros, que gañaron o seu único partido precisamente aos UVigo. E é que os dous equipos equipos precisan esta vitoria como o respirar, e de seguro que esto reflexarase cun intenso duelo no rectángulo de xogo.

Hemeroteca