00:15 h. viernes, 29 de marzo de 2024

A cidade de Lugo acolle este domingo o 2º Encontro da Liga Experimental de Judo en Lugo

Stadio Sport  |  29 de mayo de 2015 (01:48 h.)

Terá lugar a partir das 12.30 horas na Casa do Deporte  e loitará o equipo local IDAV CARE  e o JC.SHIAI de A Coruña

 

Este domingo 31 de maio a partir das 12:30 horas celébrase o 2º encontro da Liga LEJ (Liga Experimental de Judo) en Lugo, entre o IDAV CARE e o JC.SHIAI de A Coruña.

Unha das particularidades desta liga é que compiten os catro titulares de cada equipo contra os catro do equipo contrario, o que permite ver combates de judokas de 73 Kgrs contra judocas de máis de 100 Kgrs nun tempo a tres minutos que fai que un deportista lixeiro con boa técnica e bo físico poida gañar a judokas de pesos superiores. En total será 16 combates que durarán un tempo total de 45 minutos.

Esta é a única liga de judo con este formato en todo o Mundo e os competidores que representan ao IDAV CARE son: en menos de 73Kgrs, Borja Álvarez que fue Subcampeón Gallego Junior e Adrián Mucientes, Campión de España.  En peso inferior a 81 Kgrs Pablo Trillo, que é o terceiro clasificado de España Junior e Pedro Teijeiro, Campeón de España Junior. Xa en peso superior pero para menos de 90 Kgrs David Pérez que é Campión Galego Junior e en máis de 90 Kgrs Sergio Trillo, que ten o título de Campión de España Junior y Senior.

Pola súa parte, o equipo coruñés, un dos máis destacados a nivel galego, JC. SHIAI convocará aos mellores competidores entre os que destacan varios medallistas nacionais en categoría superior senior e junior. 

Hemeroteca