00:00 h. viernes, 19 de abril de 2024

Cangas acollerá o sábado 28 o Campionato Galego de Taekwondo Promesas 2015

Stadio Sport  |  27 de febrero de 2015 (00:57 h.)
promesas 2015

No torneo, que se disputará no pavillón do Gatañal, participarán 380 deportistas

 

O Campionato Galego Promesas das categorías cadete, júnior, absoluta e veteranos de combate reunirá o sábado 28 de febreiro no pavillón do Gatañal (Cangas) a 380  deportistas  pertencentes a clubs de toda Galicia. 

Poderán participar neste campionato, organizado polo club Sares TKD de Cangas en colaboración coa Federación Galega de Taekwondo, aqueles deportistas que non sexan medallistas en campionatos galegos e estatais. Tamén quedan excluídos aqueles taekwondistas que foron membros da selección galega nunha competición oficial. O torneo, no que se utilizarán petos electrónicos, comezará ás 10:00 horas e rematará ás 19:00 horas. O Gatañal leva, con este, seis anos acollendo este torneo que ten como obxectivo prioritario a promoción do deporte base, darlle continuidade a deportistas que aínda non se incorporaron á selección galega e promover o salto de categorías. O torneo conta co patrocinio da Fundación Cangas Deporte e o Concello de Cangas.

Hemeroteca