00:15 h. viernes, 29 de marzo de 2024

Bueu acolle o Campionato Galego de Grappling e MMA

Stadio Sport  |  16 de enero de 2015 (00:44 h.)
campeonato grappling mma

Este vindeiro sábado 17 de Xaneiro o Pavillón municipal Pablo Herbello de Bueu acollerá o campionato Galego de GRappling e MMA, en xornada de mañá, dende as 10:00 ata as 14:30 horas

O Club de Loita do Morrazo e a Federación Galega de Loita e D.A. organizan este vindeiro sábado o primeiro campionato Galego desta tempada. Con mai de medio cento de deportistas inscritos, nunha xornada de mañá resolverase a clasificación individual e por equipos deste novo campionato.

A competición dividirase en dúas fases, nunha primeira disputarase o campionato Galego de Grappling e a última hora da mañá, dará comezo o campionato Galego de MMA.

Temos que remarcar o constante crecemento do deporte feminino dentro destas modalidades deportivas, con maior tradición masculina. As rapazas estanse a abrir pouco a pouco camiño no Grappling, con gran aceptación.

Hemeroteca