01:35 h. Jueves, 13 de Diciembre de 2018

Stadio Sport

Ártabros renace das súas cinzas

Os oleirenses fixeron o partido máis compreto da tempada e encaran o derbi ante Fillos de Breogán con moral renovada

Stadio Sport  |  03 de Marzo de 2015 (00:15 h.)
Más acciones:

 

Ártabros de Oleiros 28 (4-16) Braithreacha de A Estrada 8 (2-2)

Logo da dura derrota sufrida en Vigo a semana pasada por só dous puntos (UVigo 24- Ártabros 22) os oleirenses precisaban como o beber unha vitoria pra seguir vivos na competición e apertar máis, se cabe, as cousas pola zona baixa. E para iso recuperaron a catro xogadores importantísimos para este equipo e que xogan nunha posición tan determinante como o medio do campo, Dani Bechler, Xian Mallo, aro Oliveira e Pablo Fuentes.

Ártabros impuxo unha forte presión na saída do balón e fíxose co control absoluto do partido, os oleirense despregaron un xogo baseado en todo momento dunhas veloces transicións ofensivas que nacían da recuperación de balón no medio do campo e dun excelente traballo en defensa dos de Iago Pedreira, que fixeron o partido máis compreto e serio do que vai de campaña.

O próximo enfrontamento dos Ártabros será o derbi das Mariñas contra os Fillos de Breogán.