17:12 h. Sábado, 20 de Abril de 2019

Alex Vidal, campión de Europa de Parataekwondo 2015

Este é o segundo campionato de Europa que logra, ademáis de contar xa con tres campionatos do mundo no seu curriculum (2012, 2013 e 2014)

Stadio Sport  |  21 de Abril de 2015 (23:57 h.)
Más acciones:

 

Alex Vidal (Natural Sport Riveira) logrou en Moldavia proclamarse campión de Europa de Parataekwondo 2015 e sumar os primeiros puntos para o ránking paraolímpico. Hai que recordar que o parataekwondo formará parte do programa paralímpico por vez primeira en Tokyo 2020. 

Este é o segundo campionato de Europa que logra o noso deportista, que conta xa con tres campionatos do mundo no seu curriculum (2012, 2013 e 2014). Na final de onte, o galego enfrontouse con Naming Abbasov (Azerbaiján), un deportista coñecido para Alex, ao que xa gañara con certa facilidade en dúas ocasións. Pero nesta oportunidade non foi tan sinxelo. 

Alex comezou gañando (1-0), pero Abbasov, que tiña moi estudado ao noso deportista,  logrou repoñerse e darlle a volta ao marcador (3- 1). Así que tocou remontar. Pero Alex non se deu por vencido e logrou impoñerse por 11-9 no Sport Hall “Manujel de Atletism” de Moldavia.