00:07 h. martes, 23 de abril de 2024

Aitana Santomé, prata nos Xogos Internacionais Infantís en Turquía

Stadio Sport  |  22 de abril de 2015 (19:32 h.)

Aitana Santomé (-55, Patiño) logrou a medalla de prata nos V Xogos Internacionais Infantís, que se están a desenvolver en Konya (Turquía) do 19 ao 24 de abril.  Ademais, tamén participou Tania Castiñeira (+55, Hebe), que caeu na primeira rolda

 

Aitana Santomé (-55) gañou na primeira rolda á deportista de Azerbaiján Isayeva Shams no punto de ouro, e puido avanzar ata as semifinais na que se enfrontou á alemá Chamutal Castano, á que superou de forma clara (8-3). Na final tiña como rival a outra  deportista de Azerbaiján Nurana Ibrahimova e nesta oportunidade se lle escapou o ouro por moi pouco. Foi nun apertado combate que rematou 3-2. 

Pola súa banda, Tania Castiñeira tiña un primeiro combate complicado contra a turca Ciftci Berra Nur. A galega non estivo cómoda e ningún momento e perdeu de forma rotunda (12-0). Agora, a aprender e traballar cara o Europeo.  

Este torneo serviu como preparación para o Europeo Cadete, que se celebrará a comezos de xullo en Estrasburgo (Francia) e no que participarán Tania, Aitana e Unai Silva, que non foi convocado para estes Xogos porque o seu peso non estaba incluído nesta competición. Os tres deportistas proclamáronse no mes de marzo en Tarragona campións de España cadete.

Hemeroteca