12:08 h. Lunes, 15 de Octubre de 2018

Stadio Sport

9º posto para José Cuba no Gran Prix de París de Loitas Olímpicas

O loitador José Cuba Vázquez (Club de Loitas Olímpicas de Vilalba), acadou o 9º posto no prestixioso Torneo Internacional Gran Prix de París de Loitas Olímpicas

Stadio Sport  |  04 de Febrero de 2015 (18:56 h.)
Más acciones:

 

Este pasado fin de semana disputouse o primeiro Torneo da presente campaña, que da o pistoletazo de saída da tempada de Loitas Oímpicas.

José Cuba que competiu na categoría de 125 kg en Loita Libre Olímpica non tivo a sorte agardada neste primeiro torneo, acusando a falta de adestramentos e competicións continuadas nesta última tempada. Cuba tivo un primeiro cruce complicado contra o Polaco Kamil Skaskiewitz, que a postre remataría en 5ª posición. O non chegar o polaco a final, Jose Cuba non puido loitar pola repesca, quedando afastado da loita polo bronce.

Neste gran evento volveu a competición a bronce Olímpica Maider Unda (País Vasco), tras a súa maternidade. A adaptación da deportistas vasca de cara a Río será longa, xa que non puido adestrar nin competir nestes últimos meses, pola súa nova situación familiar.

Estes dous grandes deportistas da Loita en España, tomaron este primeiro evento da tempada, como unha volta a competición do máximo nivel. Tendo como principal obxectivo o campionato de España de Loitas Olímpicas que terá lugar en Madrid o vindeiro 14 de Marzo.