00:07 h. viernes, 29 de marzo de 2024

8 ouros, 11 pratas e 8 bronces nos Campionatos de España de Loitas Olímpicas

Stadio Sport  |  30 de marzo de 2015 (20:46 h.)
Selección Galega Campiona de España

Dos 48 deportistas convocados para participar nos campionatos de España de Loitas Olímpicas representando as diferentes seleccións Galegas, 27 deportistas obtiveron medalla no nacional

 

Galicia impúxose no Campionato de España de España de Loitas Olímpicas acadando un dos mellores resultados dos últimos anos:

  • Selección Galega júnior de Loita Libre Olímpica:        1ª Clasificada
  • Selección Galega júnior de Loita Grecorromana:        4ª Clasificada
  • Selección Galega júnior de Loita Libre Feminina:      1ª Clasificada
  • Selección Galega escolar de Loita Libre Olímpica:     1ª Clasificada
  • Selección Galega escolar de Loita Grecorromana:     2ª Clasificada.
  • Selección Galega escolar de Loita Libre Feminina:   4ª Clasificada.
  •  

Dos 48 deportistas convocados para participar nos campionatos de España de Loitas Olímpicas representando as diferentes seleccións Galegas, 27 deportistas obtiveron medalla no nacional.

As diferentes seleccións Galegas seguiron a estela de fai 15 días nos anteriores campionatos e lograron o campionato de España a selección júnior de Loita Libre Olímpica e a de Loita Libre Feminina. Pola súa banda os mais pequenos, proclamáronse campións de España na categoría escolar de Loita Libre Olímpica.

O Colexio Galego de Árbitros e Xuíces están de noraboa, xa que Ángel Amor e Diego Villanueva, foron designados como xefes de tapiz para estes campionatos,o que supón a máxima responsabilidade dentro do arbitraxe nacional. O resto de integrantes do colectivo arbitral, estivo a moi bo nivel: Marcos Araujo, Rubén Varela e Jose Manuel Pereira, continúan sendo un referente dentro do arbitraxe nacional.

A gran labor dos Clubs Galegos sustenta os resultados das distintas seleccións Galegas.

Para este ano 2015, temos un calendario mais ambicioso para os deportistas campións de España, integrándoos dentro da competición internacional “Campionato del Mediterráneo”, do próximo 18 de Abril en Madrid.

Hemeroteca