00:00 h. miércoles, 24 de abril de 2024

60 integrantes das seleccións galegas acuden o Campionato de España de Loita

Stadio Sport  |  27 de marzo de 2015 (17:19 h.)
Selección Galega sénior e cadete

Este sábado celébranse en Madrid os campionatos de España júnior e escolar de Loitas Olímpicas, os que a selección Galega acude con 48 deportistas 5 seleccionadores, 5 árbitros nacionais e 2 delegados

 

Tras os éxitos acadados fai dúas semanas nos ctos de España sénior e cadete, Galicia tenta repetir e se cadra mellorar as marcas deportivas das categorías sénior e cadete.

Os 48 deportistas inscritos participarán nas 3 modalidades olímpicas, sendo estas a Loita Libre Olímpica, a Loita Feminina e a Loita Grecorromana.

As seleccións de Loita Feminina, parten como as grandes favoritas a nivel nacional, xa que Galicia acadou fai 14 días o primeiro posto en Loita Feminina nas categorías sénior e cadete. O grande obxectivo de este ano 2015, é “acadar a vitoria por seleccións nas 4 categorías de idade no mesmo ano, algo que ningunha federación autonómica acadou na súa historia”, afirma o Director Técnico da FGLeDA, Pablo Pintos. O seleccionador Galego Eladio Bello “tratará de facer historia na Loita Feminina en España si se cumpre este obxectivo tan ambicioso”.

Por outra banda, a Loita Libre Olímpica, terá como obxectivo subir o podio final por seleccións. A categoría escolar está dirixida polo deportista Olímpico en Seúl 1988, Alfredo Marcuño, quen tratará de sacar o mellor partido dos nosos deportistas. Na mesma tesitura atópase Alexandre Kachelaev, seleccionador Galego e adestrador do CGTD de Pontevedra, que aporta a columna vertebral das nosas seleccións.

Por outra banda, a Loita Grecorromana está en franco crecemento en Galicia, grazas o traballo dos Clubs e a dirección de Rubén Méndez, quén está a formar un grupo de traballo moi estable, en esta disciplina con moito arraigo olímpico, pero con menos tradición en Galicia.

Hemeroteca