00:02 h. jueves, 28 de marzo de 2024

250 deportistas inscritos para a xornada final da Liga de Deporte Base

Stadio Sport  |  08 de mayo de 2015 (01:18 h.)

Un total de 250 deportistas, representarán os 14 mellores clubs Galegos clasificados para a Xornada Final da Liga de Deporte Base de Loitas Olímpicas, que terá lugar este vindeiro sábado 9 de Maio de 10:30ata as 13:30 horas, no pavillón municipal Coto Ferreiro (A Estrada)

 

A competición por equipos mais importante do calendario Galego, terá este fin de semana o seu día grande para os mais pequenos, grazas a organización levada a cabo por parte do Concello da Estrada, Secretaría Xeral para o Deporte, Club A Cambadela e a Federación Galega de Loita e D.A.

O pavillón municipal dos deportes Coto Ferreiro da Estrada, acollerá de 10:30 ata as 13:30 horas, a competición do deporte base de xeito ininterrompido. Este campionato esta crecendo ano a ano. A competición por equipos favorece a inclusión de novos talentos nos equipos estables do campionato.

Estas actividades teñen un forte compoñente lúdico-deportivo para favorecer a formación dos mais novos e que sexan estas competición un forte acicate para facilitar a vinculación dos mais novos co deporte.

De acordo coa clasificación das anteriores xornadas, os cruces quedan establecidos do seguinte xeito:

 

COMPETICIÓN DO 1º ó 6º POSTO:

  • Club de Loita San Ignacio de Vigo, Club Ciudad de Vigo, Club de Loita Atila de Ourense, Club de Loitas Olímpicas de Vilalba, Club Keltoi de Vila de Cruces e Escola Ayude de Melide

 

COMPETICIÓN DO 7º ó 14º POSTO:

  • Club Kuzushi de Vigo, Club El Castro de Vigo, Club de Loita Pontevedra, Club de Loita do Morrazo, Club Auriens de Ourense, Club de Loita Rábade, Club Stellae de Santiago de Compostela e Club de Loita Lugo.
Hemeroteca