12:13 h. Lunes, 15 de Octubre de 2018

Stadio Sport

24 medallas para Galicia nos campionatos de España de técnica infantil e adulto

Na categorías infantil os nosos representantes sumaron 8 medallas e os adultos 16

Stadio Sport  |  01 de Junio de 2015 (01:26 h.)
Más acciones:

 

Galicia acadou un total de 24 medallas nos Campionatos de España de Técnica Infantil e Adulto (8 medallas no infantil e 16 no adulto), que se celebraron en Marina D´Or (Castellón). Na clasificación por equipos, Galicia foi segunda na categoría infantil. Este torneo decidirá (xunto ao Open de España) a selección de deportistas que acudirán ao Europeo que se celebrará en Serbia o 27 de xuño 

Campionato Infantil. A selección galega logrou un total de sete medallas, as que hai que sumar a prata acadada por Ángela Paz (Hebe), que viaxou co seu club. En total oito medallas para deportistas galegos (3 ouros, 4 bronces e 1 prata), que ademais lle deu a Galicia a segunda posición na clasificación xeral por equipos. 

Neste campionato infantil participaron un total de 291 deportistas das categorías alevín, benxamín, infantil e cadete. Alejandro Fernández (Neka) foi o mellor na categoría benxamín masculina cun total de 60 puntos e logrou a medalla de ouro. Nesta mesma categoría, Rubén Galdó (Han´s) acadou a medalla de bronce (55,3 puntos). En cadete feminino tamén houbo dobrete galego no podio: Lucía Penín (Kiap) foi a primeira clasificada con 67 puntos, mentres que Sarai Pazos (Mace Sport) foi bronce con 65,3. Ademais, logrou o posto máis alto do podio en cadete masculino Miguel Martínez (Kiap) con 44,1 puntos. E rematamos con dous bronces máis: Carla Pardo (Neka) en benxamín feminino e Iago Fraga (Kiap) en alevín feminino. Ademais, viaxando polo seu club, o Hebe, Ángela Paz, logrou a medalla de prata. 

 

24 1

 

Campionato de España Adulto de Técnica. No Campionato da categoría adulta houbo 16 medallas galegas (3 ouros, 2 pratas e 11 bronces). Os mellores resultados foron para Samuel Meilán (Tao), que logrou a medalla de ouro en sénior 2 -igual que fixera hai pouco máis dun mes no Open de España celebrado en Pontevedra- e Gabriel Tembrás (Moo Duk Kwan), que tamén foi o mellor en cadete. Asimesmo, hai que destacar a Encarna Quintela (Hebe), que segue adestrando e acudindo aos campionatos, ao proclamarse campioa de España en Máster 4. Pola súa banda, Beatriz Queiro (Tao) logrou a medalla de prata en máster 2. 

En individual tamén houbo bronces  para Mercedes Romero (Hebe) en Máster 1; Noelia Pérez (Hebe) en Sénior 2; Seung Han Shin Jang (Han´s) en Máster 1 e Santiago Rodríguez (Tao) en Máster 4. 

Parellas. En parellas cadetes houbo dúas medallas para Galicia. Gabriel Tembrás e Beatriz Felpeto (MDK) foron prata, mentres que o dúo formado por Manuel Paz e Bárbara Di Martino (Hebe) foron bronce. Medalla de bronce para a parella do Tao formada por Samuel Meilán e Alba Castro (Tao) en parellas 2. 

En trío 1 feminino tamén houbo medalla galega para o equipo formado por Nerea Alamancos, Ingrid Gómez e Silvia Queiro (Tao), que se levou o bronce. En trío 2 feminino, tamén ocuparon o terceiro posto do podio o trío galego formado por Mercedes Romero, Tatiana Rivas e Noelia Pérez (Hebe). E máis bronces para tríos galegos: En trío cadete masculino, medalla para o equipo formado por Manuel Paz, Daniel Redondo e Álvaro Portela (Hebe); para o trío júnior feminino (Eirim Vaamonde, Silvia Fernández e Iria Pena do Yidam) e para o trío 1 masculino formado por Isaac de Becerra, Manuel Rodríguez e Alejandro Losada (Tao). 

 

Resultados 2014

Galicia logrou un total de 14 medallas (tres ouros, catro pratas e sete bronces) no Campionato de España de técnica adulto, que se celebrou o pasado ano tamén en Marina D´Or  (Castellón). Ademais, na modalidade de freestyle Galicia arrasou con dez  medallas e o título por equipos. Na categoría infantil, a selección galega infantil de técnica acadou un total de cinco medallas (dous ouros e tres bronces) e na clasificación por seleccións territoriais, Galicia logrou a medalla de bronce.