00:02 h. jueves, 18 de abril de 2024

2ª Proba Infantil e Xuvenil de Surf e Bodyboard Praia de Patos – Concello de Nigrán

Stadio Sport  |  22 de abril de 2015 (02:38 h.)

O vindeiro fin de semana 25-26 de abril, celebraráse a 2º proba infantil e xuvenil de surf e bodyboard do Circuíto Galego na Praia de Patos – Nigrán

 

As  inscricións pechan o xoves día 23 de abril as 13 horas. O día do campionato non se poderá federar, nin inscribir, nin facer o pago do mesmo. Recordade  enviar a autorización paterna da nova tempada 2015  (aqueles que aínda non o fixeran).

O venres publicarase un horario provisional na web  www.fgsurf.org

CAMPIONATO: 2º Proba Circuíto Galego infantil e xuvenil de surf e body. Proba puntuable para o Circuíto Galego. Proba clasificatoria para o campionato nacional.

ORGANIZA: Prado Surf Club e Federación Galega de Surf.

COLABORA: ABANCAYa Te Comeré, TSP (The Surfeiros Piratas), O’Neill y  Xunta de Galicia

 

DATA: 25-26 abril.

LUGAR: Praia de Patos - Nigrán (Pontevedra).

HORA: O venres publicarase en www.fgsurf.org

 

CATEGORÍAS:

SURF:

sub. 12.(mixto)

sub. 14 (masculino – feminino)

sub. 16 (masculino – feminino)

sub. 18 (masculino – feminino)

 

BODYBOARD:

bodyboard sub. 16

bodyboard sub. 18

 

PREZO:

15 € / categoría para os competidores que asistan “con técnico” ESCOLAS OFICIAIS*

25 € / categoría para os que asistan “sen técnicos” CLUB / SEN CLUB*

* Recorden que se debe abonar tantas inscricións como categorías nas que se compita.

 

INSCRIBETE ONLINE

Hemeroteca