00:01 h. jueves, 28 de marzo de 2024

160 inscritos na Xornada Sur da liga de deporte de base de Loitas Olímpicas

Stadio Sport  |  10 de abril de 2015 (02:50 h.)
carteles xornada sur

Ourense acolle este próximo sábado 11 de Abril a Xornada Sura da liga de deporte de base de Loitas Olímpicas no pavillón municipal de Oira en xornada de mañá

 

A competición desenrolarase en xornada de mañá, dende as 11:00 ata as 13:00 horas, período no que os mais pequenos poderán gozar do deporte. A competición pódese levar a cabo grazas a colaboración do Club de Loita Atila de Ourense, que está a dinamizar as Loitas Olímpicas na cidade das Burgas. Colaboran tamén as diferentes administracións públicas, como son o Concello de Ourense, a Exc. Deputación de Ourense e a Secretaría Xeral para o Deporte.

Os mellores Clubs da zona sur de Galicia, participarán nesta competición lúdica organizada para os mais novos, deportistas de entre 6 e 12 anos, na que a diferenza da competición dos maiores, esta é por equipos.

Dinamizar o deporte de base, ten que ser unha máxima que debe estar presente en actividade. Vincular os mais novos co deporte é garantir o futuro do mesmo, polo que a competición está pensada para o goce dos mais pequenos.

Rapazas e rapaces compiten por equipos para clasificarse para a xornada final. Todos os membros dos clubs suman puntos para os mesmos, independentemente dos seus resultados individuais, tratando así de que todos os deportistas aporten o seu grao de area o resultado global do Club o que pertencen.

Hemeroteca