00:17 h. Martes, 25 de Junio de 2019

10 deportistas acoden a Copa de España de Loitas Olímpicas e Grappling

8 deportistas das disciplinas Olímpicas e 2 deportistas de Grappling acoden a COPA de España de Loitas Olímpicas e Grappling. En total desprázanse a Madrid 10 deportistas, 4 árbitros e 1 seleccionador para representar a Galicia nesta cita de carácter nacional

Stadio Sport  |  10 de Abril de 2015 (00:48 h.)
Más acciones:

 

A COPA de España, resulta un evento dos mais atractivos, xa que poden competir a nivel nacional, tanto os deportistas con nacionalidade Española, como todos os estranxeiros residentes en España, polo que o nivel deportivo aumenta pola participación aberta da competición.

A selección Galega acude cos deportistas medallistas no campionato de España absoluto de Loitas Olímpicas:

  • Loita Feminina: Lidia Pérez (Club de Loita Pontevedra), Sara Viéitez (Club San Ignacio) e Noelia Lalín (Club Keltoi).
  • Loita Libre Olímpica: Eliseo Permuy (Club Keltoi), Damián Iglesias (Club de Loita Touro) e Jose Cuba (Club de Loita Vilalba).
  • Loita Grecorromana: Pablo García (Club de Loita Pontevedra) e Catriel Pehuén (Club de Loita Vilalba).
  • Loita Grappling: Marcos González e Miguel Cotelo (Club Graiño A Coruña).

O Colexio Galego de Árbitros e Xuíces, está de noraboa, coa convocatoria por parte da Federación Española de 4 representantes Galegos: Ángel Amor, Marcos Araujo, Diego Villanueva e Carlos Fabián Tihebaut. O bo traballo dos colexiados Galegos vese recompensado pola confianza amosada pola Federación Española nos nosos colexiados.

O fronte da Selección Galega estará Rubén Méndez, que dirixirá os nosos deportistas en Madrid, procurando sacar o maior proveito posible da súa experiencia. Rubén afirma que “cando falamos de deportistas absolutos, a motivación antes dos combates marca a gran diferenza. Quitar presión os deportistas e crear un clima de tranquilidade antes dunha competición de este nivel, permitirá que os nervios non xoguen na nosa contra…”. Pablo Pintos, director técnico da FGLeDA afirma que “… este tipo de campionatos permiten os nosos deportistas aumentar a experiencia en competicións de alto nivel, de cara a afrontar con garantías todo o ciclo internacional do calendario deportivo que comeza en breve …”.