06:29 h. Sábado, 29 de Abril de 2017

Stadio Sport

As seleccións galegas infantil, cadete e xuvenil masculinas e femininas disputarán en Almeria os campionatos de España entre os días 3 e 8 de xaneiro.

No torneo participarán case 3.000 deportistas das 17 comunidades autónomas, ademais das cidades autónomas de Ceuta e Melilla.  

Stadio Sport  |  02 de Enero de 2016 (11:08 h.)
Más acciones:

Ao remate da sesión de onte, a expedición  galega, formada por 120 persoas (deportistas, técnicos, fisios, árbitros e delegados), subiu aos tres autobuses para enfrontar os máis de mil quilómetros que os separaban de Almería. A competición comezará o día 3 de xaneiro, polo que poderán descansar hoxe despois da longa viaxe.

 

                                                                                                                                                                                                                                       Declaracións dos seleccionadores cadetes: 

ALEJANDRO OCAMPO (seleccionador cadete feminino) 

- Como foi o período de preparación?

- Bastante complicado. Tivemos dende o primeiro día moitas lesións de gravidade e nenas coas que non puidemos contar por diversos motivos. Ademais a día de hoxe temos dúas xogadoras lesionadas. A pesar de isto, o equipo traballou moi ben dende o primeiro día. A ilusión das nenas é enorme e espreméronse  nas sesións de adestramento ao  máximo. No torneo do Salnés non estivemos ao nivel que esperábamos, pero dende entón traballouse moi ben e rematamos a concentración do Nadal moi contentos polo traballo realizado. 

- Con que obxectivos enfronta o campionato? - Na fase de grupos temos a Andalucía, Valencia e Asturias. A priori, contamos con que as locais sexan as máis frouxiñas, así que non podemos perder ese partido. Despois, si gañamos un dos outros dous partidos poderíamos conseguir o primeiro ou segundo posto do grupo, o que nos daría un cruce "máis sinxelo". Resumindo, como obxectivo principal está non descender. Despois, pasar a semifinais xa estaría moi ben. 

- Que destacaría do seu equipo? - Principalmente a súa ilusión polo balonmán e as gañas de xogar un Campionato de España. Traballan dentro e fóra do campo e iso nótase día a día. Por outra banda, somos un equipo que xoga con defensas abertas para propiciar subidas rápidas ao contraataque. En ataque posicional temos un bo xogo de balón con moitos cambios de postos.

 

                                                                                                                                                                                     - Que equipos ve como favoritos? - Creo que Valencia e Cataluña son os favoritos. Ademais están Asturias e Canarias que tampouco me estrañaría velos con un ouro. 

SERGIO CARBALLEIRA (seleccionador cadete masculino) 

- Como foi o período de preparación? - O período de preparación foi sobre todo intenso, pois quixemos aproveitar cada sesión para poder realizar a mellor selección posible e para iso eran necesarios uns adestramentos moi esixentes para a toma de decisión sobre a convocatoria final. Ata o momento tivemos bastante sorte co tema das lesións e os adestramentos foron moi ben, pois nos achegaron moita información. 

- Con que obxectivos enfronta o campionato? - O obxectivo é sobre todo deixar unha gran imaxe, porque a actitude non se pode negociar. O obxectivo a nivel deportivo é meternos en cuartos de final e a partir de aí partido a partido. 

- Que destacaría do seu equipo? - Especialmente a intensidade. É un equipo moi intenso, con moito corazón: As cousas poderán ir mellor ou peor pero nunca se rende. 

- Que equipos ve como favoritos no campionato? - Cataluña, Madrid e a Comunidade Valenciana.