10:28 h. jueves, 28 de marzo de 2024

A Policía Local de Ourense detecta nas últimas 24 horas tres vertedoiros ilegais de residuos

Stadio Sport  |  05 de septiembre de 2015 (02:00 h.)

A Concellería de Medio Ambiente, que abrirá expedientes sancionadores a todos aqueles autores deste tipo de infraccións medioambientais,  quere alertar tamén aos veciños de Ourense da necesidade de respetar os horarios dos puntos limpios da cidade (Eiroás e Santa Mariña)

 

A Policía Local de Ourense detectou nas últimas 24 horas ata tres vertedoiros ilegais, zonas da cidade utilizadas para depositar residuos de xeito irregular.

O primeiro dos verquidos foi detectado na esquina da rúa das Hortas coa rúa Rairo,  onde se personaron axentes da Policía Local ao detectar escombro arrimado ao carón dun inmoble. Tras realizar as pertinentes averiguacións, procedeuse a identificar ao infractor, que resultou ser unha veciña que estaba realizando pequenas reformas na súa vivenda e que manifestou que o retiraría de inmediato.

O segundo dos casos detectados prodúxose no Pazo de Ramirás, nunha zona de contedores que é utilizada ilegalmente como punto limpo. Os axentes da Policía Local que alí se personaron comprobaron que, en efecto, nesa zona estaban depositados todo tipo de residuos: colchóns, escombro, neumáticos e electrodomésticos. De feito, os veciños explicaron que é habitual que coches particulares e furgonetas depositen alí residuos de xeito ilegal.

O útimo verquido ilegal detectado pola Policía Local foi ao carón do Punto Limpo de Santa Mariña, un lugar recurrente no que respecta a este tipo de infraccións. Tratábase dun verquido de escombro, catro caixas de cartón, un neumático, varios paus de madeira e un microondas. Tras identificar ao infractor, manifestou que cando quixo depositar estes enseres no Punto Limpo, este se atopaba pechado, comprometéndose a retiralos nas próximas horas.

A Concellería de Medio Ambiente, que abrirá expedientes sancionadores a todos aqueles autores deste tipo de infraccións medioambientais,  quere alertar tamén aos veciños de Ourense da necesidade de respetar os horarios dos puntos limpios da cidade (Eiroás e Santa Mariña), que teñen tres tipos de clasificación de residuos: Almacén pechado para os residuos perigosos no fogar (aerosoles, fluorescentes, disolventes, pinturas, etc); unha zona de colectores de gran  capacidade para os residuos voluminosos (mobles, colchóns, electrodomésticos e similares) e, por último, zona de colectores similares aos situados nas beirarrúas para a recollida selectiva de envases de vidrio, envases de plástico, latas, bricks, papeiss e cartóns.

Estes horarios son, de luns a venres: de 10 a 14 horas e de 16 a 19 horas. Os sábados, o horario será de 16 a 19 horas.

Hemeroteca