00:07 h. viernes, 29 de marzo de 2024

O Ministerio de Fomento, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a Deputación Provincial e Concello sentan as bases para articular a integración do AVE en Ourense

Stadio Sport  |  03 de septiembre de 2015 (02:00 h.)

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, explicou que a xornada de traballo en Madrid sentou ás catro administracións implicadas na integración ferroviaria, “contemplando horizonte de 2018, cun ánimo totalmente constructivo e con absoluta lealdade institucional pensando nos intereses xerais dos veciños de Ourense”

 

A sede do Ministerio de Fomento, en Madrid, acolleu este mércores unha reunión na que as catro administracións implicadas na integración da Alta Velocidade en Ourense, así como na futura estación intermodal, abordaron estas importantes cuestións, infraestruturas clave para a cidade, a provincia e a propia Galicia, tal e como puxo de manifesto o alcalde, Jesús Vázquez, ao finalizar a reunión de traballo, onde o Ministerio de Fomento informou acerca da situación na que se atopan os tramos das obras entre Taboadela e a estación Ourense-Empalme, así como que se están a analizar as alegacións presentadas no seu día polo Concello de Ourense.

O alcalde de Ourense manifestou a súa satisfacción polo desenvolvemento do encontro, onde se traballou conxuntamente para sentar as bases da planificación definitiva da integración da Alta Velocidade en Ourense e, consecuentemente, da conexión de Galicia coa Meseta. “Estase a traballar co horizonte en 2018, con ánimo constructivo e unha absoluta lealdade institucional entre as catro administracións implicadas, antepoñendo os intereses xerais dos veciños e veciñas de Ourense”, recalcou Jesús Vázquez, quen manifestou que “a estación intermodal e a propia integración ferroviaria do AVE, onde a permeabilidade será unha das súas claves, son os grandes proxectos de futuro para a nosa cidade e a nosa provincia”.

No mesmo senso se expresou tamén o presidente da Deputación Provincial de Ourense, Manuel Baltar, quen recalcou que o de hoxe "foi un día moi importante, no que a ministra cumpre un novo compromiso con Ourense e bota a andar un grupo de traballo onde a cooperación entre administracions fará posible unha integración da alta velocidade sostible, respetuosa medio ambientalmente, moderna e digna".

Hemeroteca