23:16 h. Miércoles, 18 de Octubre de 2017

Stadio Sport

Un home de 92 anos falece en Ourense ao incendiarse a súa vivenda

O suceso tivo lugar na tarde deste domingo na Praza dos Suaves

Stadio Sport  |  27 de Diciembre de 2015 (21:36 h.)
Más acciones:

 

Unha chamada dunha hosteleira da zona alertou os bombeiros, ás 17:15 horas de fume que saía o inmoble situado na Praza dos Suaves 2, 1º. Os bombeiros personáronse no lugar e, logo de apagar as chamas, a Policía Local, coa asistencia dunha ambulancia medicalizada, certificaron a presenza dunha persoa no interior. Trátase dun varón de 92 anos, único residente do inmoble. 

Sen poder confirmar a estas horas debido ao fume que hai no inmoble, a orixe do lume puido producirse na habitación onde se atopaba o home, segundo as primeiras pesquisas policiais, polo que se descarta morte violenta. A Policía Científica tamén está arestora no lugar do sinistro.