17:42 h. Viernes, 17 de Noviembre de 2017

Stadio Sport

O Festival de Cine de Ourense recibe máis de 400 películas para a súa vixésima edición, que se celebrará do 14 ao 22 de novembro

As películas proceden de máis de 60 países dos 5 continentes, con forte presencia do cine español e latinoamericano e 8 países que presentan filmes por primera vez ao OUFF

Stadio Sport  |  21 de Septiembre de 2015 (13:29 h.)
Más acciones:

 

O Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF) acada este ano a súa cifra máis alta de participación en canto a longametraxes inscritas na competición oficial. O certame, que se desenvolverá no mes de novembro na nosa cidade, recibiu un total de 347 longametraxes (222 de ficción, 123 documentais e 2 de animación) procedentes dos 5 continentes, o que supón unha cifra sensiblemente superior á máxima acadada ata a data, que eran 218 traballos. Ainda que non conta con sección oficial, o festival ourensán recibiu tamén 57 curtametraxes. Sumando estes datos de participación, o OUFF contabiliza para a súa edición de este ano un total de 404 traballos presentados entre longametraxes, documentais e curtametraxes.

Das 347 longametraxes recibidas sairán as 10 películas que competirán polos premios da sección oficial do OUFF que, a través de 6 modalidades, acadan a cifra de 17.000 euros. Actualmente, e trala fase de visionado, a organización do certamen está inmersa na selección dos 10 títulos que competirán no 20OUFF, que se desenvolverá do día 14 ao 22 de novembro na cidade.

España, con 92 longametraxes presentadas, das que 6 están relacionadas con Galicia, é o país que máis títulos achega a esta fase de preselección.

En total, 64 países de todo o mundo inscribiron traballos este ano no Festival de Ourense, salientando a presenza de grandes cinematografías por volume de produción como Arxentina, Francia e Alemaña. Outros países como Corea do Sur, Nicaragua, Zambia, Indonesia, Bangladesh, Qatar, Etiopia e Yemen acuden por primeira vez ao Festival.

Os xéneros máis comúns das películas presentadas son o drama, o “thriller” e a comedia. Boa parte dos títulos inscritos proceden e foron premiados noutros festivais de categoría internacional como Cannes, Berlín, Sundance, Locarno, Karlovi Vary, etc….

A temática dos filmes recibidos é moi variada. Salientan os temas relacionados cos Dereitos Humanos, a adolescencia, a emigración, os conflitos bélicos, as relacións familiares e a problemática de parella.

Este ano preto do 50% dos traballos recibidos son óperas prima, o que identifica plenamente o carácter do Festival que a través da súa historia ten manifestado o seu apoio a novos directores que estopan nel unha plataforma de lanzamento profesional.

O Festival de Cine Internacional de Ourense celebrará a súa vixésima edición do 14 ao 22 do vindeiro mes de novembro na nosa cidade.