16:47 h. Viernes, 17 de Noviembre de 2017

Stadio Sport

Os concellos do Eixo Atlántico analizan en Ourense as políticas comunitarias de desenvolvemento local

O alcalde, Jesús Vázquez, recalcou a importancia deste encontro entre os representantes institucionais de 25 municipios de Galicia e Portugal sobre as novas políticas e directrices europeas para o futuro dos concellos

Stadio Sport  |  15 de Septiembre de 2015 (16:44 h.)
Más acciones:

 

O Eixo Atlántico elixiu Ourense para celebrar un encontro entre os seus  membros para abordar o desenvolvemento urbano das cidades, así como os fondos de financiamento que se habilitarán dende Europa.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, recalcou a importancia deste encontro entre os representantes institucionais de 25 municipios de Galicia e Portugal. “É unha xornada de traballo conxunto moi frutífera, onde puidemos escoitar á responsable comunitaria de desenvolvemento local, Judit Torokne, sobre as novas políticas e directrices para o futuro dos municipios”.

De feito, ao término da reunión, o alcalde explicou que nesta xornada se  abordou o marco de traballo no contexto comunitario, a nova filosofía do novo marco de fondos europeos para o desenvolvemento urbán dende una perspectiva de estratexias globais a medio-longo nos municipios; os eixos sobre os que pivotarán as políticas comunitarias nos vindeiros meses; as prioridades actuais nos municipios e cidades e a próxima convocatoria de fondos europeos, no prazo estimado dun ano, aproximadamente.

Pola súa banda, o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, recalcou a importancia da cooperación que se da entre as cidades e vilas pertencentes ao Eixo Atlántico.

A política urbana e a creación de emprego son dous piares da charla estratéxica que se deu hoxe. “A Comisión Europea tiña a política urbana como materia pendente: os fondos deben ser concedidos baixo unha boa planificación, de aí a necesidade da súa boa utilización”, recalcou Vázquez Mao.

 

A reunión articulouse en torno a tres eixos:

  1. Cal é a política urbana da comisión e as súas estratexias,. Os temas que os concellos deben integrar para poder optar aos fondos europeos.
  1. Axenda urbana: o conxunto de medidas dentro de cada municipio.
  2. Fondos europeos. É o momento para pensar estratexicamente no modelo de cidade que quere cada goberno municipal.

 

A reunión contou cun fondo compoñente técnico e político, como inicio do pensamento estratéxico: o obxecto dos futuros fondos, as accións que Bruxelas vai impulsar con apoio financeiro.

Intelixencia, innovación, integración. Son os tres compoñentes fundamentais para os vindeiros fondos, tal e como se puxo de manifesto no encontro, así como un concepto clave para articular as políticas europeas: Resilent. Este concepto responde á capacidade de anticipación das institucións para previr as crises xeradas de cambios sociais e económicos, estruturas de cara ao futuro como medida de prevención.

Na reunión deste martes tamén se abordaron os calendarios para os futuros fondos, cun horizonte estimado dun ano para articular estas medidas.  No encontro participaron os alcaldes de Ourense, Lugo, Lalín, Carballo, Monforte de Lemos, O Barco de Valdeorras e Sarria, así como concelleiros de A Coruña, Narón, Santiago de Compostela, Vigo e da Deputación de Lugo. No tocante ás  cidades de Portugal, estiveron os presidentes da Cámara de Bragança, Chaves, Guimaraes, Macedo de Cavaleiros, Maia, Mirandela, Paredes, Santa María da Feira, Vila do Conde e Vila Real, así como representantes institucionais da Cámara de Braga, Penafiel e Porto.

Xunto á responsable comunitaria de Desenvolvemento Local, Judit Torokne, e do secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, estivo tamén Nicolas Gharbi, director xeral para a Política Rexional e Urbana do Competence Centre for Inclusive Growth, Urban and Territorial Development.