00:00 h. viernes, 29 de marzo de 2024

O Concello de Ourense pon en marcha o proxecto “Antenas de Información Xuvenil”

Stadio Sport  |  09 de octubre de 2015 (02:00 h.)

Co fin de que os mozos e mozas estean permanentemente informados de convocatorias, cursos, actividades e recursos en xeral que son interesantes para a mocidade

 

As antenas informativas son un novidoso proxecto de descentralización informativa e de participación xuvenil. Que xestiona a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Ourense e que ten por finalidade proporcionarlle á mocidade ourensá información, orientación e asesoramento nos distintos ámbitos da sociedade. A Concellería de Xuventude do Concello de Ourense impulsará o proxecto de “Antenas de Información Xuvenil” que permite a descentralización informativa a través de mozos e mozas dos centros educativos que desenvolverán labor de informador/a. Estes mozos informarán aos seus compañeiros/as sobre convocatorias, cursos, actividades e recursos en xeral que son interesantes para as persoas máis novas en centros educativos.

Este labor de información se realizarase mediante a xestión dun punto informativo en cada centro aos que se dirixe a convocatoria, tal e como lles explicou esta mañá a concelleira de Xuventude, Sofía Godoy aos directores dos devanditos centros.Durante o curso, dous alumnos por centro xestionarán de forma bidireccional a información que se vaia xerando entre o centro educativo e o servizo de xuventude, ademais de asistir ás reunións de coordinación que se establezan desde a concellería e de actuar como mediadores xuvenís nos temas relacionados coa educación non formal.

Os obxectivos do programa son recibir e dar información, dinamizar o territorio e a participación, potenciar a proactividade da mocidade no seu tempo libre e axustar as súas actividades coas súas inquedanzas. En definitiva, recoller propostas dos mozos e que se poidan canalizar a través da concellería de Xuventude -ou outras ás que poidan aplicar as súas ideas como Voluntariado, Medio Ambiente, Educación, etc.-. Os mozos que actúen como antenas informativas estarán supervisados por un profesor do centro, e asistirán a un acto inaugural das antenas xuvenís 2015-16 na Alcaldía coa recepción de Jesús Vázquez, rexedor da cidade.

Os centros interesados en ter este servizo deben remitirlle á OMIX o formulario de solicitude na que se recolle: os datos do centro e da persoa designada como titor/ra da Antena de Información Xuvenil. Os mozos seleccionados só poderán ser titulares dunha Antena Informativa dun dos centros aos que se dirixe esta convocatoria. Igualmente, e para incentivar a súa participación, establecerase un premio anual á mellor antena xuvenil.

Hemeroteca