17:44 h. Viernes, 17 de Noviembre de 2017

Stadio Sport

O Concello de Ourense organiza actividades para fomentar o contacto coa natureza para pequenos e maiores no Botánico de Montealegre

Os primeiros obradoiros comezan esta fin de semana: 'Conservas vexetais' para adultos e actividades con arxila para nenos. Son de carácter gratuíto, e no caso das actividades para cativos, é precisa a inscrición previa

Stadio Sport  |  28 de Agosto de 2015 (00:13 h.)
Más acciones:

 

O Botánico de Montealegre comeza o curso organizando actividades para todos os públicos coa fin de pór en valor a relación do medio ambiente coas actividades de lecer. Os obradoiros, de carácter gratuíto, queren fomentar a imaxinación dos máis pequenos, ao tempo que se lles aprende a entrar en contacto coa contorna natural da que dispón Ourense. Os dirixidos ao público adulto son eminentemente prácticos e orientados a sacarlle o máximo partido aos produtos naturais.

As actividades, organizadas pola Concellería de Medio Ambiente, comezarán esta mesma fin de semana. O sábado 29 (18:00 horas, sen inscrición previa), 'Conservas vexetais', un obradoiro dirixido ao público adulto no que se divulgarán as variedades susceptibles de ser envasadas co gallo de aproveitar as colleitas, moi recomendable para os ususarios das hortas municipais ou para os pequenos agricultores caseiros, un hábito en alza na nosa cidade.

O domingo 30 seguiralle o 'Mancha as mans' (ás 11:30 horas, con inscrición previa), para o público máis cativo. A finalidade é que os nenos gocen da sensación táctil da arxila entre os dedos e do proceso creativo de facer algo da nada, concretamente animais. Ao final da actividade, os monitores do farán unha actividade divulgativa acerca dos animais que crearon os rapaces e pintaranos para levar ás súas casas.

Os vindeiros obradoiros serán de Teatro para adultos (sábado 19 de setembro) e Ioga en familia (domingo 20), Introdución á apicultura (sábado 26) e Xoguetes da Natureza (domingo 27). Son todos de carácter gratuíto e só nas actividades para rapaces é necesaria a inscrición a través da páxina web botanicodemontealegre.com.

Aínda que están destinadas a un público xeral. Son moi recomendables para os usuarios dos 53 hortos ecolóxicos do parque de Montealegre.