12:15 h. viernes, 29 de marzo de 2024

O Concello de Ourense habilita unha lista para as familias interesadas en acoller refuxiados sirios

Stadio Sport  |  09 de septiembre de 2015 (02:00 h.)

Estanse realizando xestións de coordinación, información e mediación con aquelas familias que se ofrecen de xeito altruísta a acoller a familias no seu domicilio. A oficina de Voluntariado, na Praza de San Martiño nº 2 baixo, informa e  realizará os trámites oportunos para xestionar a acollida

 

O Concello de Ourense súmase á acollida de familias de refuxiados sirios, poñendo a disposición das administracións públicas con competencias nas materias de refuxio e asilo todos os recursos municipais dispoñibles. Ao mesmo tempo, todas as familias que desexen acoller teñen á súa disposición un modelo de solicitude, habilitado por Asuntos Sociais e Voluntariado, para poder apuntarse e informarse das directrices que se enviarán desde a Xunta e o Goberno Central.

Actualmente, a área de Asuntos Sociais traballa nas xestións para coordinación, información e mediación con aquelas familias que se están a ofrecer, que poden dirixirse á oficina de Voluntariado, na Praza de San Martiño 2 baixo (ou por correo electrónico a voluntariado@ourense.es), onde se realizarán os trámites oportunos para xestionar a acollida ou a axuda que poidan prestar.

Así mesmo, o Concello de Ourense está en estreita coordinación con entidades e centros educativos que xa ofreceron os servizos dos que dispoñen. Tamén se atopa á espera de recibir información da administración Autonómica relativa a número de familias que van ser acollidas na nosa Comunidade, protocolos, etc.

O Concello de Ourense pon a disposición destas familias de refuxiados todos os programas, servizos e prestacións da Concellería de Asuntos Sociais, en particular reforzaríase o programa xa existente do Servizo de Atención ao Inmigrante que é a aprendizaxe do idioma español tanto para adultos como para nenos e nenas, así como o plan de inclusión, programas de información e asesoramento en materia de servizos sociais

Hemeroteca