10:28 h. jueves, 28 de marzo de 2024

O Concello formaliza a entrega á empresa concesionaria Viaqua das novas instalacións do abastecemento de auga a Ourense realizadas por ACUAES

Stadio Sport  |  29 de septiembre de 2015 (02:46 h.)

As obras recepcionadas polo Concello son as correspondentes á captación da marxe dereita do Miño, a condución da captación da marxe dereita-ETAP, a estación de tratamento de auga potable (ETAP) de As Coiñás, a condución da ETAP ao depósito de As Eiroás, o depósito de Eiroás, o bombeo de Montealegre, a condución Montealegre-As Caracochas e o depósito de As Caracochas

 

O Salón de Plenos do Concello de Ourense acolleu este luns a sinatura pola que se formaliza a entrega é empresa concesionaria do servizo de augas das obras e instalacións xa rematadas que o Concello de Ourense recibiu da entidade pública ACUAES (Sociedad Estatal Aguas de las Cuencas de España), no marco do Convenio asinado no seu día coa devandita entidade, dentro da actuación denominada xenéricamente “Abastecemento de Auga a Ourense”, dacordo co disposto no artigo 5.4 do prego de condicións económico-administrativas que rexiu o concurso para a contratación da concesión da esplotación do Servizo Municipal de Auga Potable e Saneamento de Ourense.

As obras recepcionadas polo Concello son as correspondentes á captación da marxe dereita do Miño, a condución da captación da marxe dereita-ETAP, a estación de tratamento de auga potable (ETAP) de As Coiñás, a condución da ETAP ao depósito de As Eiroás, o depósito de Eiroás, o bombeo de Montealegre, a condución Montealegre-As Caracochas e o depósito de As Caracochas. Estas infraestruturas motivo de recepción dispoñen de informes do estado das mesmas do Servizo de Enxeñería do Concello de Ourense, así como outro realizado pola empresa concesionaria.

A sinatura correu a cargo por parte do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e polo director da empresa concesionaria da explotación do Servizo Municipal de Auga Potable e Saneamento de Ourense, Viaqua, Julio Armando Masid Bande.

A Xunta de Goberno Local de 20 de agosto deste ano xa acordara por unanimidade o encargo á empresa Viaqua do mantemento e xestión das devanditas obras, unha decisión que, ao realizarse en prazo, impediu a posibilidade existente de ter que devolver a financiación europea coa que se realizaran ditas actuacións.

 

Investimento de 28,7 millóns de euros

As obras principais destes traballos supuxeron un investimento de 21,3 millóns de euros. Nestas, incluíronse a construcción da nova ETAP de As Coiñás, a nova captación na marxe dereita do Miño, 4 depósitos de regulación de auga potable, 2 estacións de bombeo e 7.250 metros de conduccións.

No que respecta á Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP), o seu caudal de deseño é de 200litros/segundo -ampliable a 300 l/s, e se compón dunha liña de tratamento de auga que inclúe os procesos de preozonización, coagulación-floculación, decantación, ozonización intermedia, filtración sobre leito de area, desinfección e unha liña de tratamento de fango con espesamento por flotación e deshidratación por centrifugación.

No tocante ás obras adicionais, que supuxeron un investimento de 7,4 millóns de euros, consistiron na execución de 10.550 metros de conduccións, nas que se proxectaron os seguintes ramais: conexión co depósito de As Caracochas con bombeo a Barrocás, suministro ao polígono de Seixalbo dende Barrocás, peche do anel Sur, conexión do depósito de As Caracochas co depósito de Ceboliño, e conexión do depósito de As Caracochas con depósito de Rotura-Regoufe.

O obxecto destas obras baséase en garantir o abastecemento, en cantidade e calidade, a toda a cidade de Ourense, recorzando a conexión do novo sistema de abastecemento de auga en alta coa rede de distribución existente.

Hemeroteca