00:01 h. sábado, 20 de abril de 2024

Perdón

Mon de Lemos  |  07 de octubre de 2014 (03:00 h.)

Xogamos un partido triste, inapetente, con falta de espírito, e os xogadores foron conscientes delo, por iso o rematar o encontro o primeiro que fai o capitán e pedir desculpas, a esa afección inamovible que segue animando malia ir perdendo 4 a 1, o que non entendo e a prepotencia e o pedestalismo de ese ser celtico-zaragozano (que xa había mezcolanzas difíciles, como para poñer esta) que di que cando un da todo non ten que pedir perdón. Que cando un xoga con todo o que ten e como sabe, non ten que pedir perdón e que xa gañaremos a outros rivales máis asequibles… ¿Pero que me estas contando? Iso é todo o que temos, e como podemos xogar, non hai máis fútbol nos xogadores que temos, e a nosa mellor alineación, e sendo así … ¿están todos ben colocados? Querido Víctor, somos un equipo humilde, uns siareiros incondicionais... pero non somos gilipollas, sabemos que hai máis, que OS NOSOS poden dar máis, xa no lo teñen demostrado, e cas novas fichaxes que eran boísimos, temos que dar inda máis, ou alguen se trabucou o fichar os xogadores, ou alguen se trabucou ao facer o planteamento do partido.

Non é un dato segredo que moita xente non atopa explicacións as tuas alineacións, o posicionamento no campo de distintos xogadores… pero como o das todo, o mellor que tes, non tes que pedir perdón, xa que logo é todo o que non podes dar, eu pensaría sinceramente en que non estas a altura, non estas a altura do equipo que tes, non estas a altura da túa bancada, ou non estas a dar todo o que tes, así que retifica, di que te equivocaches, que o planteamento non foi bo que os xogadores non están motivados, que se a avoa fuma, que che pariu unha vaca... di o que queiras pero non nos veñas a contar milongas de que non hai máis equipo, porque habelo... haino... o que pasa e que igual aínda non o viste. 

Hemeroteca