00:01 h. sábado, 20 de abril de 2024

Hora de regresos

Manu Montero  |  05 de diciembre de 2014 (17:00 h.)

Todo apunta a que dende A Coruña, algúns históricos do Partido Galeguista estan dispostos a reiniciar o camiño de volta do P.G. a escea política

O galeguismo na sua máxima expresión, non e patrimonio de ninguén i e de todos a un mesmo tempo. Nembargantes, son moitos quenes empregan o termo de xeito alevoso e premeditado facéndose erdeiros do legado histórico do Partido Galeguista nun acto de comenencia política, de estratexia dialéctica cara a “galería” con mais ben pouco contido do que son as bases programáticas nas que se sustentan os galeguistas de “pura cepa”.

O Partido Galeguista non ten nomeados erdeiros de ningunha caste, nin por activa nin por pasiva, nin “mortis causa” como moitos pensan nin “inter vivos”. Ben e certo que os silencios en ocasión facilitan que algunos intenten “apropiarse” do que non e seu e se cadra, parece chegado o tempo de regresos, cando a sociedade demanda outro xeito de facer política que devolva o protagonismo os cidadans convertidos oxe en meros espectadores de acontecementos nos que a clase dirixente perde toda credibilidade, inmersa en situacions de “trapicheos” o máximo nivel, en moitos casos, amparados por una certa permisividade e impunidade, mentres os cidadans de a pé, a mayoría da sociedade de este pais noso, vese obligado a sobrelevar unha crise da que tan so e reo e outros son os culpables.

Todo apunta a que dende A Coruña, algúns históricos do Partido Galeguista estan dispostos a reiniciar o camiño de volta do P.G. a escea política, en primeira línea e parece ser que en outras localidades estanse a manter conversas igualmente intentando aunar vontades.

Manolo Chas, dende a cidade heculina, e un dos históricos do galeguismo que, dende unha análise rigurosa, realista e xenerosa, está a traballar por devolver o P.G. a vida política activa e facer oir a voz do galeguismo, quen sabe si silenciada demasiado tempo. En todo caso, quenes levamos na órbita do galeguismo moitos anos, ainda que sexa con algunos paréntesis, alegrémonos e sumámonos a boa nova co desexo de poñernos a disposición de aqueles que están chamados a ser o núcleo do renacemento do P.G. e que seguramente seran moitos mais quenes se iran incorporando a un proxecto que, por enriba de calquera outra consideración, ten que ser participativo e aberto a sociedade, como única vía de que os cidadans abandonen a súa posición victimista diante das decisións da clase política, reflexada de maneira clara e irrefutable na abstención, o que pon de manifesto, sen lugar a dúbidas, que a sociedade vive de costas os actuales dirixentes, dos que xa desconfía como do “demo”.

 

Hemeroteca