00:00 h. viernes, 29 de marzo de 2024

Nova vitoria de Rubén Fernández na Copa de España de MX125, con Joel Antón no 3º posto

Stadio Sport  |  08 de junio de 2015 (18:26 h.)

Nas catro probas que se levan disputadas na Copa de España MX125 Rubén logrou a vitoria no total das oito mangas que se celebraron, mostrándose como o claro favorito a lograr unha vez mais o título de vencedor na Copa de España desta categoría

 

O pasado fin de semana celebrouse na localidade de La Bañeza a 4ª proba da Copa de España de Motocross MX125, na que o galego Rubén Fernández acadou unha nova vitoria tras vencer as dúas mangas celebradas.

Despois de lograr o mellor tempo nos adestramentos cronometrados do sábado, vencía con autoridade a 1º manga que se disputou ese mesmo día. Resultado que repetiu o domingo tras vencer a 2ª manga. Nas catro probas que se levan disputadas na Copa de España MX125 Rubén logrou a vitoria no total das oito mangas que se celebraron, mostrándose como o claro favorito a lograr unha vez mais o título de vencedor na Copa de España desta categoría, que acadara nas dúas tempadas anteriores.

Nesta ocasión acompañouno no podio da clasificación final da proba outro galego que participaba por primeira vez na Copa de España MX125, Joel Antón, que acadou o 3º posto da clasificación final tras acabar 4º na primeira manga e 2º na última.

A seguinte proba da Copa de España MX125 será en Talavera os días 3 e 4 de outubro.

 

Hemeroteca