00:02 h. jueves, 18 de abril de 2024

Jorge Casales logra o seu primeiro podio na máxima categoría do Mundial de Trial

Stadio Sport  |  28 de julio de 2015 (02:11 h.)

O galego foi terceiro en EEUU soamente superando polo múltiple Campión do Mundo Toni Bou e Adam Raga

 

O galego Jorge Casales celebrou o día de Galicia, 25 de xullo, logrando o seu primeiro podio na máxima categoría do Mundial de Trial na primeira xornada da proba do Mundial de Trial celebrada en EEUU, sendo únicamente superado polo múltiple Campión do Mundo Toni Bou e por Adam Raga, os dous primeiros clasificados da provisional do Mundial

Na segunda xornada disputada o domingo Casales finalizou na 7ª posición.

 

Casales en Mundial EEUU 25 07 2015

 

O Mundial retomarase no mes de setembro coas probas que se disputarán en Portugal os días 5 e 6 de setembro e a última en Galicia os días 12 e 13 de setembro, concretamente na localidade de Teo. Na que a afección galega terá a oportunidade de animar e ver en acción nunha proba do Mundial ao mellor piloto galego de Trial de todos os tempos.

Hemeroteca