00:02 h. viernes, 19 de abril de 2024

O galego Rubén Fernández logra o 4º posto no Mundial de Motocross Júnior

Stadio Sport  |  21 de julio de 2015 (19:20 h.)

Outro galego que participou nesta competición foi o lucense Jorge Prado, que finalizou na 8º posición

 

O pasado domingo 19 de xulllo celebrouse no circuito de El Molar (Madrid) a proba do Campionato do Mundo de Motocross Júnior, na que o vigués Rubén Fernández obtivo un gran resultado conseguindo o 4º posto da clasificación final, tras acabar 3º na primeira manga e 8º na segunda. Na xornada anterior xa mostrara o seu potencial ao lograr o mellor tempo nos adestrametos cronometrados.

Outro galego que participou nesta competición foi o lucense Jorge Prado, que finalizou na 8º posición.

Hemeroteca