Más acciones:

Na categoría Senior C 2 tempos do Trofeo Nacional de Enduro o galego Carlos Giovanni Pérez finalizou na 2ª posición o sábado e no 3º posto o domingo. Resultados cos que continúa na segunda posición da clasificación provisional do Trofeo Nacional de Enduro na categoría Senior C 2 tempos.
A próxima proba do Campionato de España e Trofeo Nacional de Enduro será no mes de outubro, os días 10 e 11 en Campillos Paravientos (Cuenca).