17:33 h. Viernes, 17 de Noviembre de 2017

Stadio Sport

Os visitantes estranxeiros que se achegan á oficina de turismo do Concello de Lugo soben nun 9,2%, con preto de 6.000 turistas ata setembro

Polo que respecta aos visitantes no mes de setembro, a oficina de turismo municipal recibiu máis de 4.100 persoas e os museos municipais máis de 2.200

Stadio Sport  |  06 de Octubre de 2015 (14:55 h.)
Más acciones:

A Oficina de Turismo do Concello de Lugo atendeu a preto de 6.000 visitantes estranxeiros ata setembro, o que supón un aumento do 9,2% con respecto ao mesmo período do ano anterior. Así o avanzou a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, quen subliñou que “este incremento sitúa a Lugo no mapa turístico internacional, sendo o mellor ano turístico internacional da historia”. Os meses de agosto e xullo foron os que máis turistas se achegaron á Praza do Campo, un total de 2.451.

En canto á procedencia de visitantes, o 13,8% procedía de Francia, uns 827 franceses, tal e como explicou a Concelleira. Do resto de visitantes estranxeiros destacan os alemáns, 668; os italianos, 598, os de Reino Unido, 528, e os de Estados Unidos, 417. O centro de atención de turistas da Praza do Campo tamén recibiu a visita de 488 portugueses, 289 arxentinos, 98 xaponeses, 83 brasileiros e 81 irlandeses, entre outros.

“Estes datos máis que positivos demostran o esforzo do goberno local para consolidar a Lugo como destino turístico e fidelizar aos visitantes. O obxectivo é mellorar a afluencia do turismo internacional durante todo o ano”, asegurou Basadre.

 

Turismo en setembro

Polo que respecta aos visitantes no mes de setembro, a Concelleira avanzou que a oficina de turismo municipal recibiu máis de 4.100 persoas. O mércores 9 e o sábado 26 foron os días que máis se achegaron á Praza do Campo, un total de 429, rexistrando este servizo municipal unha media diaria de 137 demandantes de información.

“A nosa cidade continúa a ser un referente para os turistas nacionais”, subliñou Basadre, ao tempo que avanzou que o 76%  dos visitantes atendidos eran españois. Unha vez máis, os madrileños sitúanse á cabeza (485), seguidos dos andaluces (476). En canto aos estranxeiros, dos 951 foráneos, o 32% procedía de Italia e Alemaña.

A oficina de turismo municipal rexistrou a súa maior actividade na xornada de mañá, achegándose á Praza do Campo o 68% dos visitantes.

 

Visita aos museos

“Os museos municipais de Lugo recibiron a visita de 2.225 persoas”, anunciou a edil. A Casa dos Mosaicos continúa a ser o centro expositivo máis visitado, con 845 visitas, seguido da Domus do Mitreo, con 671 e do Museo Interactivo da Historia de Lugo, con 428.

 

Andainas polo Camiño Primitivo

Por outra banda, Carmen Basadre destacou a positiva resposta que recibiu o programa gratuíto de visitas guiadas A Voltas polo Camiño Primitivo: tras os pasos de Alfonso II, posto en marcha polo Concello a principios de agosto para impulsar a ruta xacobea ao seu paso por Lugo.

“Preto de 400 persoas participaron nas 16 andainas gratuítas que se levaron a cabo neste programa”, avanzou a edil, quen deu a coñecer os días que rexistraron maior participación, o venres 28 de agosto, con 36 participantes, seguidas da do sábado 22, con 34 participantes, a do venres 14, con 32 e a do venres 21, con 31 viaxeiros.

O 15% dos participantes procedían de Madrid. Tamén asistiron viaxeiros procedentes de Cataluña, Andalucía, País Vasco, A Rioxa, Valencia, Castela A Mancha e Asturias, entre outros. En canto a estranxeiros, nestas andainas participaron franceses, alemáns, venezolanos, ecuatorianos e mexicanos.