17:29 h. Viernes, 17 de Noviembre de 2017

Stadio Sport

O PP de Láncara expresa a súa decepción polas actitudes do alcalde: “Xera máis problemas que solucións”

Santiago Cubillas non entende que o alcalde “critique melloras para os seus veciños” como as que suporán os traballos que realiza a Deputación no amaño de varias pistas

Stadio Sport  |  08 de Octubre de 2015 (00:00 h.)
Más acciones:

 

O presidente e voceiro do Grupo Municipal Popular en Láncara, Santiago Cubillas, expresou a súa decepción polas actitude do alcalde socialista, Darío Piñeiro que, “xera máis problemas de solucións”

 

OBRAS DA DEPUTACIÓN

Días atrás o rexedor aparecía nos medios de comunicación queixándose porque a maquinaria da Deputación marchou do municipio tras un mes traballando “e agora que regresan, tamén se queixa, a pesar de que é máis que evidente que as pistas nas que están actuando necesitaban un arranxo”

Os populares non entenden que o alcalde critique melloras para os seus veciños, con independencia da administración que as promova e reclama máis obxectividade e menos partidismo no seu proceder.

 

INFORMACIÓN SOBRE O CATASTRO

Os populares tamén rexeitan “as críticas absurdas” que desde a Alcaldía dirixiron ao PP local, responsabilizándolles pola revisión catastral que se está a acometer no municipio. Santiago Cubillas lembra que estas actuacións son promovidas pola Dirección Xeral do Catastro dependente do Ministerio de Economía e Facenda e sinala que, este organismo, dispón dun teléfono no que resolve as dúbidas que poidan xurdir: máis en concreto, o número 982265101,( extensión 1 e 1) onde todos aqueles que chamen son atendidos por un profesional.

Desde o Partido Popular dubidan do bo funcionamento da oficina que prometeu habilitar o alcalde no Concello, para consultar datos en relación co Catastro, en concreto, si nesta oficina se “informará ou desinformará”

 

O ALCALDE DESDÍCESE

Os populares lembran que “non é a primeira vez que o alcalde socialista se ve na obriga de desdicirse das súas afirmacións”. De feito semanas atrás as queixas do rexedor versaban sobre o reintegro de 16.000 euros que o Concello tiña que pagar a Facenda, “querendo culpar á anterior corporación de mala xestión”.

No último pleno municipal, aclaran os populares, o “alcalde tivo que recoñecer que se trataba dunha devolución normal”, que afectaba a case ao 90 % dos concellos de Galicia, xa que Facenda ingresou 464.000 euros na Facenda local e só correspondían 448.000 euros.

 

QUE SE POÑA A TRABALLAR

“Cando non son queixas, son invencións ou versións sesgadas da realidade. Como cando dixo aos veciños do Campo da feira que a anterior Corporación aprobara instalar uns depósitos de gas natural alí. Nunca existiu tal proxecto, pois ademais é un emprazamento imposible por ser zona de especial protección no plan urbanístico. Así levamos catro meses, botando culpas de todo aos anteriores e sen realizar outras propostas que non sexan máis que seguir as que había de antes”.

Desde o PP de Láncara, piden ao alcalde “que se deixe de inventar contos e que se poña a traballar para todos os veciños dunha vez”- conclúen.