17:29 h. Viernes, 17 de Noviembre de 2017

Stadio Sport

Os museos municipais de Lugo ampliarán o seu horario nun 75% co novo prego, unhas 11.200 horas máis

A Alcaldesa anunciou este venres novas melloras nos espazos museísticos locais da cidade, coas que se pretende “achegar a riqueza cultural, histórica e patrimonial tanto aos lucenses como a todas as persoas que acudan á cidade”

Stadio Sport  |  25 de Septiembre de 2015 (17:27 h.)
Más acciones:

 

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou este venres novas melloras que se van a acometer na rede museística municipal, “co fin de facilitar a entrada aos numerosos visitantes que acuden aos nosos museos”, subliñou a Alcaldesa. Trátase da ampliación dos horarios dos 6 museos locais nun incremento do 75%, unhas 11.225 horas máis, pasando das 3.843 actuais ás 15.068 que contemplará o novo prego

“O que pretendemos dende o Concello coa licitación do novo prego da rede museística é achegar a riqueza cultural, histórica e patrimonial tanto aos lucenses como a todas as persoas que acudan á cidade”, destacou Lara Méndez, quen avanzou que nos primeiros oito meses deste 2015 achegáronse aos museos locais de Lugo, así como á Oficina Municipal de Turismo, máis de 47.600 persoas, un 13% máis que o mesmo período do pasado ano. A rexedora tamén fixó fincapé no incremento de visitas aos 6 espazos expositivos da cidade así como á Oficina Municipal de Turismo.

O novo prego tamén distinguirá o servizo de información turística, a Oficina de Turismo, do servizo de atención museística, o Centro de Interpretación da Muralla, especializando así os dous servizos. “Creremos tamén un punto de información de verán”, asegurou Méndez, ao tempo que incidía na amplitude dos horarios dos museos como oportunidade para incrementar o turismo, “que é unha aposta fundamental deste goberno para impulsar o desenvolvemento económico da nosa cidade, que contribúe ademais á creación de emprego”.

“Apostamos por un turismo do século XXI: cultural, gastronómico, accesible e ben posicionado”, sentenciou Méndez. 

 

Ampliación dos horarios dos espazos expositivos

A diferencia do prego antigo, o novo documento inclúe todos os museos para a súa apertura todos os días. Deste xeito a Casa dos Mosaicos,  o Centro Arqueolóxico San Roque, a Domus do Mitreo, a Sala de Exposicións Porta Miñá e o Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) abrirán agora 2.516 horas ao ano incrementándose o horario nun 80% (antes 501 horas), 92% (antes 200 horas), 92% (antes 200 horas), 92% (antes 200 horas) e 60% (antes 993), respectivamente. O Centro de Interpretación da Muralla pasará a abrir un total de 2.488 horas, un 30% máis que actualmente, que permanecía aberto 1.749 horas anuais.

 

Horarios de apertura co prego novo

Oficina de Turismo: Horario habitual,  todos os días de 10: 00 a 18:00 horas. Durante o verán (do 1 de xuño ao 14 de outubro), Semana Santa e Nadal, a oficina permanecerá aberta todos os días de 10:00 a 20:00 horas.

 

Centro de Interpretación da Muralla: Horario habitual, todos os días de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas. O horario de verán, Semana Santa e Nadal será de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. Haberá un horario especial para o Día dos Museos e para o Arde Lucus.

 

Punto de Información turística de verán: Horario habitual, todos os días dende o 1 de xuño ao 14 outubro, dende as 10:00 ás 20.00 horas.

Arde Lucus: xoves, venres e sábado de 10:00 a 22:00 horas e domingo, de 10:00 a 20:00 horas.

San Froilán: os fins de semana  e festivos  de 10:00 a 22:00 horas, e o resto dos días, de 10:00 a 20:00 horas.

 

MIHL, Mosaicos, Mitreo , San Roque e Porta Miñá:

Nestes cinco museos , distínguense catro horarios:

  • Horario de inverno (1 de xaneiro-30 de maio / 15 de outubro-31 de decembro)   

Martes a venres de 10:00 a 13:30 horas e 16:00 a 19:30 horas.

Sábados, domingos e festivos de 10 a 14.00 horas e de 16.30 a 19.30 horas

  • Horario de verán (1 de xuño a 14 de outubro), todos os días  de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:30 horas. Non pechan ningún día.
  • Horario de Semana Santa e Nadal, todos os días de 10:00 a 14:00 horas  e de 16:30 a 20:30 horas.
  • Horarios  especiais para o Arde Lucus e o Día Internacional dos Museos