17:34 h. Viernes, 17 de Noviembre de 2017

Stadio Sport

O mellor polbo de Galicia, no Mercado Municipal de Abastos de Lugo

A gañadora do concurso, Vanesa González, procedente do Carballiño, recibiu un premio dotado con 1.000 euros e a segunda clasificada, Carmen Eyo, da Estrada, unha noite de aloxamento, almorzo e circuito termal no Balneario de Lugo

Stadio Sport  |  09 de Octubre de 2015 (00:00 h.)
Más acciones:

 

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, asistiron este xoves ao II Concurso de polbeiros e polbeiras do San Froilán 2015, que se celebrou durante esta tarde no Mercado Municipal de Abastos de Lugo. Trátase dun certame posto en marcha pola entidade local no marco das Festas do San Froilán co obxectivo de premiar os coñecementos e habilidades dos polbeiros e polbeiras de Galicia, co que colabora a Asociación Provincial de Panadeiros e o viño Val de Quiroga

Nesta certame gastronómico, no que participaron unhas 300 persoas, déronse cita cinco polbeiros e polbeiras, Lorenzo Manuel Velázquez de Alcatraz Producto Lugo, Miguel Ojea de Pulpería Tres Puertas, David Juárez, María del Carmen Eyo e Vanesa González.

O xurado, composto por Héctor López do restaurante España, Álvaro Villsante do restaurante Paprica, Fran Crujeiras do restaurante A Estación de Cambre, Juan Antonio da pulpería Aurora do Carballiño e Miguel Vila da revista gastronómica BenBo, fallou esta tarde o certame, tendo en conta o sabor, a textura e punto de cocción, o adobo,  e o corte e presentación final do polbo.

A gañadora do concurso, Vanesa González, do Carballiño, recibiu un premio dotado con 1.000 euros e a segunda clasificada, Carmen Eyo, da Estrada, unha noite de aloxamento, almorzo e circuito termal no Balneario de Lugo. Todos os participantes recibiron un lote de produtos do Mercado Municipal e un diploma acreditativo.