17:29 h. Viernes, 17 de Noviembre de 2017

Stadio Sport

Lara Méndez participa no Día do Veciño, que reuniu a unhas 3.000 persoas no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo

A Alcaldesa fixo fincapé na oportunidade que supón esta cita, impulsada pola Federación de Asociacións Veciñais Lucenses, para escoitar aos colectivos, “imprescindibles para promover iniciativas de futuro para o noso municipio”

Stadio Sport  |  28 de Septiembre de 2015 (01:17 h.)
Más acciones:

 

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este domingo na novena edición do Día do Veciño, que reuniu a unhas 3.000 persoas no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. No acto, a rexedora definiu esta cita, impulsada pola Federación de Asociacións Veciñais Lucenses, como “un encontro que fortalece ao tecido asociativo non só da cidade luguesa, senón tamén da provincia” ao tempo que facía fincapé na oportunidade que supón o Día do Veciño para escoitar aos colectivos, “imprescindibles para promover iniciativas de futuro para o noso municipio”.

“No Concello cremos no movemento veciñal e en cada un de vós, na política participativa e no exercicio da cidadanía”, subliñou a rexedora, quen se refería a este día como “o día do veciño, pero non de calquera veciño, senón do veciño que fai da participación a súa forma de vida cotiá”.

“Sen participación non hai democracia”, aseverou a rexedora, quen avanzou que “no Concello buscamos cauces para garantir a participación de todos os veciños e veciñas”, como as recentes reunións co tecido asociativo da cidade para abordar o borrador do servizo ORA.

 A Alcaldesa aproveitou a ocasión para felicitar á Federación polo seu traballo, así como para destacar a importancia deste colectivo, que aúna a representación de 200 asociacións e 20.000 veciños da provincia.

O Día do Veciño incluíu, ademais da tradiconal comida, unha mostra de artesanía  e un partido de fútbol, así como a entrega dos premios da V de veciño, que recoñecen a labor das persoas que colaboran co movemento veciñal.