17:35 h. martes, 16 de abril de 2024

O Concello de Lugo impulsa o Camiño Primitivo co San Froilán 2015, que engloba máis de 200 actividades

Stadio Sport  |  24 de septiembre de 2015 (02:00 h.)

Lara Méndez e Carmen Basadre presentaron a programación oficial do San Froilán 2015, que conta con máis de 50 actuacións con denoninación de orixe Lugo e cunha homenaxe especial a  Trapero Pardo

 

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentaron este mércores no Salón de Plenos a programación oficial do San Froilán 2015, que terá lugar do 3 ao 12 de outubro, “unha cita moi especial e importante para  nosa cidade”, tal e como a definiu a rexedora.

“O San Froilán 2015 engloba máis de 200 actividades en total para todos os públicos durante os 10 días que duran estes festexos declarados de Interese Turístico Galego e Nacional”, avanzou Méndez, quen lembrou que o San Froilán “pon en valor a riqueza patrimonial, histórica e gastronómica da cidade e sitúa a Lugo no mapa turístico autonómico, nacional e internacional”.

“Máis de 50 actuacións teñen denominación de orixe Lugo”, destacou Lara Méndez, ao tempo que anunciou que o Concello impulsará o Camiño Primitivo, declarado Patrimonio da Humanidade, con actividades como o concerto Músicas no camiño dos cantaurotres David Prado e Vizcaíno, os cantares de cego do Mercado Medieval, ou a estrea do vídeo mapping O camiño de Froilán. A rexedora tamén fixo fincapé nas mulleres como protagonistas desta nova edición do San Froilán ao tempo que destacou a labor do pregoeiro, Darío Xohán Cabana.

A Alcaldesa aproveitou a ocasión para convidar aos lucenses e visitantes a gozar da cidade durante o San Froilán, que o pasado ano reuníu en Lugo a máis de 550.000 persoas durante os 9 días que duraron estes festexos.

Pola súa banda, Carmen Basadre insistiu na música tradicional galega como banda sonora deste San Froilán, que inclúe unha homenaxe a Trapero Pardo con motivo do 20º aniversario do seu pasamento.

A Concelleira, quen fixo un recorrido pola programación destas festas de marcado caráter cultural, anunciou descontos nos buses de Alsa para viaxar a Lugo do 1 ao 14 de setembro, así como a presenza dun intérprete de linguaxe de signos en actos como a ofrenda a Rosalía ou o pregón, entre outros.

Máis información do San Froilán 2015 na web www.sanfroilan.info

Hemeroteca