17:33 h. Viernes, 17 de Noviembre de 2017

Stadio Sport

Aumentan as empresas instaladas no Polígono das Gándaras, grazas ás bonificacións do Concello

Estas medidas responden á clara aposta do Goberno Local polo apoio á creación de empresas e que conleva novos postos de traballo. A Xunta de Goberno autorizou ao persoal dos turnos rotatorios, patrulla verde e unidade administrativa da Policía Local para realizar servizos extraordinarios en outubro

Stadio Sport  |  24 de Septiembre de 2015 (00:00 h.)
Más acciones:

 

A Xunta de Goberno Local aprobou este mércores bonificacións a seis novas naves instaladas no Polígono Industrial das Gándaras. Estas bonificacións xa foran aprobadas no Pleno do mes de xullo e supoñen unha rebaixa do 50% na cota do imposto sobre construcións, instalacións e obras.

Segundo informou o voceiro municipal, Miguel Fernández, “estas medidas responden á clara aposta do Goberno Local polo apoio á creación de empresas e que conleva novos postos de traballo, co que se fomenta o emprego na cidade”, unha prioridade para o equipo que dirixe Lara Méndez.

Este importante esforzo económico que realiza o Concello contrasta coa escasa atención que lle presta a Xunta ás empresas e á dinamización dos polígonos industriais, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo, que ademais é a institución competente nesta materia.

 

Policía Local

A Xunta de Goberno autorizou ao persoal que forma parte dos turnos rotatorios, patrulla verde e unidade administrativa da Policía Local, para que durante o mes de outubro poidan realizar servizos de urxencia con motivo de poder atender calquera eventualidade que poida xurdir, especialmente pola celebracións das festas do San Froilán.