00:01 h. jueves, 28 de marzo de 2024

A Alcaldesa transmítelle a AUXILIA a vontade do Concello de impulsar a Lugo como destino turístico accesible

Stadio Sport  |  29 de septiembre de 2015 (02:40 h.)

Lara Méndez comprometeuse a manter “o apoio continuado e a estreita colaboración” con este colectivo, ao que o Concello outorga neste 2015 unha axuda económica de 12.000 euros

 

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, dentro da súa rolda de encontros con colectivos sociais da cidade, mantivo este luns unha reunión co delegado local de Lugo da Asociación de Voluntarios para a Integración Cultural e Social de Dispacitados Físicos (AUXILIA), Manuel Ignacio Piñeiro; unha asociación sen ánimo de lucro, fundamentalmente de voluntariado que leva uns corenta anos traballando en Lugo de cara á integración cultural e social das persoas con discapacidade. Ao encontro tamén asistiron o vocal de accesibilidade de AUXILIA, Aquilino González e unha traballadora social deste colectivo, Estela Martínez.

Na reunión, a rexedora expresou a vontade do Goberno Municipal de manter o “apoio continuado co gran labor de AUXILIA”, á que o Concello outorga neste 2015 unha axuda económica de 12.000 euros, destinados ao proxecto Por aquí movémonos todos: a eliminación de barreiras e a promoción da autonomía persoal; así como a “estreita colaboración da entidade local con este colectivo”, que se articula a través do Gabinete Municipal de Accesibilidade, que nos últimos anos permitiu actuar con eficacia para eliminar as barreiras arquitectónicas e adaptar a cidade a todos aqueles que vivan ou visiten o Concello. “No Concello de Lugo apostamos por un turismo do século XXI: cultural, gastronómico e accesible”, destacou Méndez, quen lembrou a aposta do Goberno Municipal pola igualdade e pola defensa dos dereitos básicos de todos os veciños e veciñas, co fin de conseguir unha sociedade máis igualitaria, onde non existan cidadáns de primeira nin de segunda.

Lara Méndez lembrou que o Concello recibiu hai 8 anos o Premio Reina Sofía de accesibilidae universal ao tempo que destacou algunhas actuacións realizadas polo Concello en colaboración con AUXILIA, como unha guía de turismo accesible ou diversas campañas de concienciación. 

Hemeroteca