17:53 h. Martes, 23 de Octubre de 2018

Stadio Sport

Partido importante en Vilafranca para trata de asegurar a CERS

O primeiro envite na loita pola clasificación para a copa CERS chega co partido da 26ª xornada en Vilafranca este sábado ás 20:30 horas

Stadio Sport  |  27 de Marzo de 2015 (14:48 h.)
Más acciones:

 

Réstanlle cinco partidos na presente tempada ao HockeyGlobal CP Cerceda, nos cales o seu obxectivo vai ser confirmar o antes posible a súa clasificación para a Copa CERS, o que equivalería a rematar entre os nove primeiros da OK Liga. E o primeiro envite chega co partido da 26ª xornada en Vilafranca o sábado 28 de marzo ás 20:30 horas, pois é un dos equipos que loitarán xunto aos galegos polas cinco prazas da segunda competición europea, aínda que tamén é certo que hai un colchón de 10 puntos sobre o Monbus Igualada HC, décimo clasificado.

O CP Vilafranca Capital del Vi é un dos conxuntos que mellor rendemento mostrou nesta segunda volta, sumando moitos puntos, a pesar de que a semana pasada tiña un tropezo importante ante o Café Crem CP Calafell Tot L'Any. Os de Juan Copa tratarán de non acusar o esforzo do martes ante o FC Barcelona, polo que tratarán de traerse unha vitoria ou polo menos un empate que supoñería un gran paso adiante. Tras esta xornada, a OK Liga descansará en Semana Santa, polo que os xogadores poderán recuperarse para afrontar o tramo final desta.