01:04 h. Jueves, 13 de Diciembre de 2018

Stadio Sport

O HockeyGlobal CP Cerceda pecha a súa mellor tempada cun empate

Na mellor tempada da súa historia, coa sexta praza da OK Liga e 48 puntos, ademais da clasificación para a Copa CERS, o HockeyGlobal CP Cerceda remataba a competición cunha igualada ante o CP Manlleu (4-4)

Stadio Sport  |  17 de Mayo de 2015 (01:20 h.)
Más acciones:

 

Comezaba o encontro con algunhas variacións no cinco inicial dos locais, entrando os menos habituais nas últimas xornadas Pablo Fernández "Peli" e Gonzalo Pérez, este no partido da súa despedida pois fichou polo Enrile PAS Alcoy. E xa no primeiro minuto chegaba o primeiro tanto do CP Manlleu, sorprendendo Marc Julià dentro da área a Willy Domínguez.

O dominio de inicio era dos visitantes, que marcaban o segundo tanto de falta directa por medio de Marc Julià tras a tarxeta azul mostrada aJuan Fariza. Os de Juan Copa reaccionaban, pero non conseguían bater a Jordi García, lanzando mesmo Martín Payero unha bóla ao longueiro. A seis minutos para o descanso, un contraataque de Humberto Mendes remataba en gol ao resolver moi ben ante Willy Domínguez. Co 0-3 chegábase ao intermedio, agardando de cara os segundos 25 minutos a reacción dos galegos.

 

 

E vaia se reaccionaban os de Juan Copa porque en tres minutos empataban o partido. Primeiro un gol de Gonzalo Pérez de penalti cometido sobre el mesmo e a continuación outro de Martín Payero, sendo ambos os dous protagonistas do terceiro ao recoller Gonzalo o rexeitamento a un lanzamento de Payero que coaba na rede do CP Manlleu, que nos primeiros minutos non podía deter a avalancha local e que se vía referendada no minuto 39 co cuarto, outra vez de Martín Payero, pero de falta directa. Precisamente un pouco antes errara Marc Julià outra directa.

Aínda podería incrementar a conta Payero tras un penalti sobre Pablo Togores, pero mandaba a bóla alta e no rebote lanzábaa ao poste. Os de Manlleu apuraban as súas últimas opcións, empatando de novo cun tanto de Lluís Teixidó de penalti a falta de oito minutos para a conclusión. E co 4-4 remataba o encontro, aínda que Lluís Teixidó aínda tería un par de ocasións para desequilibrar a balanza, pero a estelar actuación de Martín Rodríguez, que saía no segundo período, impedíallo. Tamén debutou en OK Liga Arcadio García-Tizón, que nos minutos que estivo en pista o fixo sumamente ben, pois substituía na convocatoria ao lesionado Pablo Fernández García.

 

FICHA TÉCNICA:

HockeyGlobal CP Cerceda (4): Willy Domínguez, Joan Grasas, Martín Payero, Pablo Fernández “Peli” Gonzalo Pérez -cinco inicial-, Juan Fariza, Pablo Togores, Jacobo Mantiñán, Arcadio García-Tizón e Martín Rodríguez.

CP Manlleu (4): Jordi García, Lluís Teixidó, Jaume Farrés, Aleix Prims, Marc Julià -cinco inicial- Humberto Mendes, Álvaro Martínez e Santi Teixidó.

Goles: 0-1 (min. 1), Marc Julià. 0-2 (min. 16), Marc Julià de falta directa. 0-3 (min. 19), Humberto Mendes. 1-3 (min. 30), Gonzalo Pérez de penalti. 2-3 (min. 31), Martín Payero. 3-3 (min. 32), Gonzalo Pérez. 4-3 (min. 39), Martín Payero de falta directa. 4-4 (min. 42), Lluís Teixidó de penalti.

Árbitros: Alberto Garrote Arcelus e Miguel Díaz Cosme. Tarxeta azul a Juan Fariza.

Pazo de Deportes Presidente González Laxe. Cerceda (A Coruña).