01:58 h. Jueves, 13 de Diciembre de 2018

Stadio Sport

Un HockeyGlobal CP Cerceda lanzado gana por primeira vez en Calafell

Espectacular balance nesta segunda volta do HockeyGlobal CP Cerceda que sumaba unha nova vitoria ante o Café Crem CP Calafell TotL'Any, a primeira na súa terceira visita ao Joan Ortoll, onde nunca conseguiran puntuar (1-2)

Stadio Sport  |  15 de Marzo de 2015 (13:46 h.)
Más acciones:

 

O partido da 24ª xornada da OK Liga non resultou nada doado para os galegos, que souberon sufrir ata o final para traer tres puntos moi importantes que lle permiten seguir na quinta praza da clasificación.

A primeira parte tivo neto dominio defensivo por parte de ambos os dous equipos, pois aínda que as oportunidades chegaban, tanto David Arellano coma Willy Domínguez eran os protagonistas dos seus respectivos conxuntos, polo que se chegaba ao descanso con 0-0 no marcador. Na reanudación, aos oito minutos de xogo, Juan Fariza situaba os galegos por diante, pero a alegría duraba apenas medio minuto, o que tardaban os locais en chegar á portaría do HG CP Cerceda con tanto de Jordi Gabarra, que volvía situar de novo a igualdade.

Un penalti a favor dos de Juan Copa non era aproveitado por Joan Grasas a dez minutos para a conclusión, pero só dous despois si o facíaMartín Payero, que marcaba o segundo tanto que lle daría a vitoria aos cercedenses. Os últimos minutos foron de moito sufrimento por parte dos dous conxuntos, ambos os dous con nove faltas que mantiveron ata a conclusión, sen que houbese ocasión ningunha a bóla parada para mover o marcador. Os de Cerceda continúan na quinta praza da clasificación axexando o Reus Deportiu, que é cuarto e que marca o corte dos equipos que se clasificarán para a Liga Europea. Aínda que o calendario dos galegos non é nada favorable a priori nas seis xornadas que restan, a situación actual de xogo permite soñar aos de Cerceda de aquí a final de tempada.

Por outra parte hai que recordar que o próximo partido, correspondente á xornada 25 da OK Liga, será o martes 24 de marzo (21:00 horas) no Pazo de Deportes Presidente González Laxe ante o líder da competición, o FC Barcelona.

 

FICHA TÉCNICA

Café Crem CP Calafell Tot L’Any (1): David Arellano, Ferran Rosa, Gerard Vergés, Pol Pàmies, Pol Galbas -cinco inicial-, Sergi Romeu, Jordi Gabarra, Oriol Palau e Marc Vergés.

HockeyGlobal CP Cerceda (2): Willy Domínguez, Joan Grasas, Juan Fariza, Martín Payero, Pablo Togores -cinco inicial-, Gonzalo Pérez, Pablo Fernández “Peli” e Jacobo Mantiñán.

Goles: 0-1 (min. 33), Juan Fariza. 1-1 (min. 33), Jordi Gabarra. 1-2 (min. 42), Martín Payero.

Árbitros: Josep Gómez Sánchez e Sergi Mayor Oliván.

Incidencias: Pavelló Joan Ortoll.