00:00 h. viernes, 19 de abril de 2024

O HG CP Cerceda cede ante o CE Noia Freixenet no segundo tempo

Stadio Sport  |  26 de enero de 2015 (01:03 h.)
54.2014-2015.Jornada18.CENoia-vs-HGCPCerceda3-001

Os de Juan Copa caeron na súa visita a Noia tras aguantar o primeiro tempo a perder fuelle no segundo (5-2)

 

Vénse o HG CP Cerceda de regreso na súa visita ao l’Olimpic de l’Ateneu de Noia cunha derrota por 5-2, tras aguantar moi ben durante a primeira parte ao conxunto local do CE Noia Freixenet, que por outra banda estaba moi necesitado de puntos e que no segundo tempo apertou o suficiente para terminar conseguindo unha cómoda vitoria.

Repetía Juan Copa o seu cinco inicial habitual das últimas xornadas e de novo coa tranquilidade que aporta o poder dispoñer de todos os xogadores por cuarto partido consecutivo. Eran os de Cerceda quen se adiantaban no marcador cun tanto de Juan Fariza, pero rapidamente empataba Aleix Esteller. Os galegos aguantaban moi ben durante o primeiro periodo, ata que a dous para o descanso Arnau Xaus situaba o segundo para os de Ferran López, chegando ao intermedio cun esperanzador 2-1.

Tras fallar anteriormente unha falta directa Eloi Albesa, unha tarxeta azul a Peli Fernández ía marcar o desenvolvemento dos 10 minutos que restaban por disputar. Francesc Bargalló erraba o lanzamento a bóla parada pero no rexeite lograba bater a Willy Domínguez. O 3-1 obrigaba aos galegos a buscar o gol con máis ahínco, situación que os de Noia souberon aproveitar perfectamente cun cuarto tanto obra de Arnau Xaus dous minutos despois. Con oito aínda para o final, parecía complicado remontar o 4-1, chegando xa os dous últimos goles, co partido decidido e un para cada conxunto, nos minutos finais. Malia a derrota nunha pista moi resbaladiza que condicionou o xogo dos dous equipos, o HG CP Cerceda continúa na sexta praza da clasificación con 26 puntos.

 

Ficha Técnica:

CE Noia Freixenet (5): Luis Gil, Aleix Esteller, Jordi del Amor, Eloi Albesa, Borja Ferrer -cinco inicial- Arnau Xaus, Francesc Bargalló e Marc Palau.

HockeyGlobal CP Cerceda (2): Willy Domínguez, Joan Grasas, Juan Fariza, Martín Payero, Jacobo Mantiñán -cinco inicial-, Gonzalo Pérez, Peli Fernández, Pablo Togores e Pablo Fernández.

Goles: 0-1 (min. 7), Juan Fariza. 1-1 (min. 10), Aleix Esteller. 2-1 (min. 23), Arnau Xaus. 3-1 (min. 40), Francesc Bargalló. 4-1 (min. 42), Arnau Xaus. 5-1 (min. 47), Jordi del Amor. 5-2 (min. 48), Pablo Fernández.

Árbitros: Josep Antonio Ribó Navarro e Joan Rovira Mañé. Tarxeta azul a Peli Fernández.

L'Olímpic de l'Ateneu.

Hemeroteca