00:00 h. viernes, 29 de marzo de 2024

Espectacular remontada do HockeyGlobal CP Cerceda en Mataró

Stadio Sport  |  08 de febrero de 2015 (04:59 h.)
59.2014-2015.Jornada20.CHMataro-vs-HGCPCerceda

Os de Juan Copa igualaron un 4-0 e sumaron un valioso empate que lles serve para alcanzar o obxectivo dos 30 puntos

 

A pesar dun mal inicio de partido que lle levou a estar mesmo a perder por 4-0 ao inicio do segundo período, o HockeyGlobal CP Cercedat róuxose de Mataró un valioso empate co que alcanza o seu ansiado obxectivo dos 30 puntos, o que practicamente garante a permanencia unha tempada máis na OK Liga. O 4-4 final fai xustiza ao partido da xornada 20 con dominio alterno por parte de ambos os dous equipos, sendo mellor o Mis Ibérica CH Mataró na primeira parte mentres na segunda foron os de Juan Copa quen levaron a iniciativa, logrando así o empate grazas aos tantos por partida dobre de Gonzalo Pérez e Martín Payero.

Os galegos saíron cunha variación no seu cinco inicial habitual das últimas xornadas, ao entrar Pablo Togores en lugar dun Jacobo Mantiñán que non puido adestrarse durante toda a semana, pero que rematou participando no encontro. Os galegos saíron moi fríos á pista e en 12 minutos xa levaban encaixados tres goles. Pouco a pouco foron entrando no partido, pero o primeiro período finalizaba cun preocupante 3-0, que aínda se agravaba máis ao inicio do segundo tempo con outro tanto dos locais, situando así un 4-0 que parecía moi complicado de remontar.

Non obstante, a partir dese momento os de Cerceda comezaron a premer e a incrementar a súa intensidade en defensa, subindo ao ataque con máis descaro e tirando de orgullo, o que permitiu ir reducindo a diferenza pouco a pouco para finalizar con ese fantástico resultado nunha pista sumamente complicada, onde ademais os locais se xogaban moito pola súa posición na clasificación. Mesmo nos minutos finais a vitoria puido decantarse cara a calquera dos dous bandos, pero xa non se movería o marcador.

Antes da viaxe a Blanes para xogar a eliminatoria de cuartos de final da Copa do Rei contra o HC Liceo, os de Cerceda enfrontaranse o domingo 15 de febreiro ás 12:30 horas no González Laxe ante o Enrile PAS Alcoy, outro dos equipos revelación da presente tempada.

 

FICHA TÉCNICA

Mis Ibérica CH Mataró (4): Jordi Esteve, Marc Povedano, Aniol Mangas, Eric Florenza, Martín Casas -cinco inicial- Marçal Oliana, Eric Serra e Oriol Parera.

HockeyGlobal CP Cerceda (4): Willy Domínguez, Joan Grasas, Juan Fariza, Martín Payero, Pablo Togores -cinco inicial-, Gonzalo Pérez, Peli Fernández e Jacobo Mantiñán.

Goles: 1-0 (min. 8), Martí Casas. 2-0 (min. 10), Martí Casas. 3-0 (min. 12), Eric Florenza. 4-0 (min. 27), Eric Florenza. 4-1 (min. 31), Gonzalo Pérez. 4-2 (min. 33), Gonzalo Pérez. 4-3 (min. 51), Martín Payero. 4-4 (min. 54), Martín Payero.

Árbitros: Rubén Fernández García e Ángel Tavera Bellido.

Pista: Pavelló Municipal Jaume Parera i León.

Hemeroteca