00:00 h. viernes, 29 de marzo de 2024

Dobre xornada en Cataluña para o CP Cerceda ante dous recén ascendidos

Stadio Sport  |  04 de diciembre de 2015 (20:59 h.)

O CH Caldes este sábado ás 20:00 e o SHUM o luns ás 21:00 serán os rivais dos de Juan Copa

 

Despois do partido de volta da primeira eliminatoria da Copa CERS, onde o HockeyGlobal CP Cerceda caía eliminado ante o conxunto italiano do Sinus Hockey Matera, aínda que mostrando unha boa impresión e realizando un partido moi serio, os galegos desprázanse este fin de semana a Cataluña para afrontar unha dobre xornada, xa que o calendario quixo que ambos os dous encontros se disputen alí.

O primeiro deles, correspondente á xornada 10 da OK Liga, disputarase este sábado a partir das 20:00 no Pavillón da Torre Roja de Caldes de Montbui (Barcelona), contra un dos tres equipos que ascenderon esta tempada á OK Liga, o Recam Làser CH Caldes, que desde a súa vitoria contra o HC Liceo na 5ª xornada, mostrou unha liña claramente ascendente, o que lle permitiu afastarse dos postos de descenso, estando neste momento nunha cómoda 10ª praza.

Ademais, esta será a primeira vez que se enfronte ao HockeyGlobal CP Cerceda, pois nunca antes coincidiran, nin en OK Liga nin en Primeira División. Para os de Juan Copa, este partido é sumamente importante, xa que é un rival directo no obxectivo de ambos os equipos, que é a permanencia a final de tempada. Tamén hai que contar co alta de Martín Payero, que se incorpora xa ao conxunto e que supoñerá un revulsivo importante.

Por outra banda, os galegos xogarán a xornada 11 en Maçanet da Selva (Xirona), a pouco máis de 60 km de Caldes de Montbui, contra o SHUM Balder Técnica o luns, 7 de decembro, a partir das 21:00 horas, pois se adiantou un día o encontro para aproveitar o desprazamento, polo que o conxunto galego quedará alí tras o seu partido do sábado.

Hemeroteca