00:07 h. martes, 19 de marzo de 2024

Derradeira cita do ano no González Laxe ante o CP Voltregà

Stadio Sport  |  18 de diciembre de 2015 (02:00 h.)

O CP Cerceda despide o ano como local este domingo a partir das 12:30

 

Practicamente un mes despois do seu último partido da OK Liga no González Laxe, o HockeyGlobal CP Cerceda regresa á súa pista para afrontar a despedida do ano 2015 antes do descanso do Nadal, pois a competición non se renovará ata despois de Reis.

Cos de Juan Copa instalados aínda en prazas de descenso, chega un dos equipos que mellor rendemento está a ter nesta primeira fase da tempada, o CP Voltregà, sendo os únicos que conseguiron vencer no Palau Blaugrana ao FC Barcelona Lassa. A súa traxectoria como visitante non foi nada mala ata o momento, polo que o HG CP Cerceda deberá mostrar a súa mellor versión se quere saír canto antes dos postos de descenso, tras ceder puntos moi importantes na dobre xornada en Cataluña no minuto final dos seus dous encontros.

A pesar de todo, a chegada de Martín Payero, que disputará o seu primeiro partido da tempada ante a súa afección, supón un revulsivo importante, o que permitirá a Juan Copa unha maior rotación, ademais do que achega a súa experiencia. O encontro disputarase este domingo a partir das 12:30 horas e será retransmitido en directo a través da páxina web www.hockeyglobal.net na ligazón da páxina principal “PARTIDOS EN DIRECTO”.

Hemeroteca