00:15 h. viernes, 29 de marzo de 2024

A Deputación achega 40.000 euros ao Club Patín de Cerceda para financiar a competición dos seus equipos e fomentar o deporte base

Stadio Sport  |  19 de octubre de 2014 (03:00 h.)
Patín Cerceda

Diego Calvo asinou un convenio de colaboración coa presidenta do club, Isabel Bermúdez Castro. A achega provincial supón o 65% do orzamento total necesario para a organización das actividades deportivas. Asúmense os gastos de competición do primeiro equipo, que xoga na OK liga, pero tamén se promoverá a práctica deste deporte entre os máis pequenos da comarca

 

O presidente da Deputación, Diego Calvo, asinou un convenio de colaboración coa presidenta do Club Patín Cerceda, Isabel Bermúdez Castro, para financiar o mantemento de toda a agrupación e a posta en marcha de actividades deportivas durante o ano 2014.

Mediante este acordo, a institución provincial achegará un total de 40.000 euros ao club, o que supón o 64,93% do orzamento total necesario (61.600) para a competición dos seus equipos e o resto de gastos que teña o ente.

En concreto, esta cantidade permitirá facer fronte aos gastos de desprazamento, contratación de adestradores e compra de material deportivo necesario para o club, especialmente para o primeiro equipo que xoga na OK liga.

“Esta contribución é moi importante, sen ela non poderíamos competir”, sinalou a presidenta durante a sinatura do convenio, que é a primeira vez que se firma.

Ademais, con esta colaboración, Patín Cerceda tamén fomentará a práctica deste deporte entre os nenos e mozos da comarca.

Hemeroteca